O proxecto europeo TourisFarm, coordinado pola Universidade de Vigo, dá un novo paso nas súas accións de comunicación coa publicación do primeiro número da súa newsletter, correspondente ao mes de marzo de 2026.
Este boletín, desenvolvido no marco da Actividade 4.3 – Digital Media Collaboration and Social Media Engagement, nace co obxectivo de compartir os avances do proxecto, así como as súas principais actividades e liñas de traballo, tanto coa comunidade académica como cos distintos axentes do sector turístico.
A newsletter ofrece unha visión xeral do progreso de TourisFarm, unha iniciativa centrada no fortalecemento do agroturismo mediante a integración de prácticas sostibles, patrimonio cultural e ferramentas dixitais innovadoras, reforzando a cooperación entre socios europeos.
Coordinado pola Universidade de Vigo no marco do programa Erasmus+, o proxecto conta coa participación de universidades e empresas de varios países, promovendo o intercambio de coñecemento e o desenvolvemento de solucións innovadoras para o turismo rural.