Un seminario internacional abordou en Ourense o emprego sostible desde a perspectiva do piar europeo de dereitos sociais

A iniciativa forma parte do proxecto europeo Jean Monnet RightsEU.

 

O campus de Ourense acolleu os días 23 e 24 de abril a celebración do seminario internacional Emprego sostible desde a perspectiva do piar europeo de dereitos sociais. Con el deuse continuidade ao proxecto Jean Monnet titulado The central role of the European Union’s social rights in employment in the twenty-first century (RightsEU), coordinado desde a Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo e que ten como obxectivo achegar formación sobre a UE a máis de 40 docentes de Formación Profesional, co propósito de que poidan posteriormente afondar nas súas aulas nos principios e dereitos sociais europeos.

Mási información no DUVI.