Nova newsletter mensual do proxecto MSCA Doctoral Network QSI – Quantum-Safe Internet

Nesta nova edición compártense os últimos avances do consorcio internacional QSI, un proxecto europeo centrado no desenvolvemento de tecnoloxías de comunicación seguras fronte ás futuras ameazas da computación cuántica. O programa busca impulsar investigación punteira en criptografía post-cuántica, comunicacións seguras e Internet “quantum-safe”.

A newsletter inclúe:

  • novidades sobre investigación e proxectos en marcha,
  • actividades de formación e mobilidade internacional,
  • participación en congresos e eventos científicos,
  • noticias da comunidade investigadora QSI,
  • e actualizacións sobre os retos da ciberseguridade na era cuántica.

Podes ler a edición completa aquí:
Newsletter QSI – edición deste mes