Newsletter TourisFarm | Maio 2026 – O turismo rural europeo no centro das políticas de sustentabilidade

O proxecto europeo KA2 TourisFarm, coordinado pola Universidade de Vigo, presenta a terceira edición da súa newsletter correspondente a maio de 2026.

Nesta nova entrega, abórdanse algúns dos temas máis relevantes que están a marcar a evolución do turismo rural europeo, entre os que destacan:
• A visita de campo realizada durante a primeira actividade de aprendizaxe entre pares, na que os socios de TourisFarm coñeceron a experiencia de Joana de Castro en Quinta da Lourosa, na rexión portuguesa dos Vinhos Verdes.
• A entrada na fase decisiva de aplicación da Directiva Europea contra o greenwashing e as súas implicacións para os operadores de turismo rural.
• As novas tendencias da demanda turística en Europa, cun crecente interese polos destinos rurais e de proximidade para o verán de 2026.
• As Conclusións do Consello sobre turismo sostible e competitivo aprobadas baixo a Presidencia de Chipre, que marcan o rumbo da futura Estratexia Europea de Turismo Sostible.
• Un caso destacado de turismo e produción sostible: Gramona Farm (Seča, Eslovenia), exemplo de agricultura ecolóxica familiar na costa adriática.
• Unha selección actualizada de publicacións científicas sobre turismo rural, empoderamento dixital, paisaxes terapéuticas e emprendemento enoturístico.
• Información sobre próximas conferencias, convocatorias de artigos e oportunidades de financiamento europeo.

A newsletter convida a afondar nas principais tendencias, políticas e experiencias que están a contribuír á transformación do turismo rural en Europa, así como a coñecer os avances máis recentes do proxecto.

👉 Acceda á newsletter completa.

Ademais, o consorcio do proxecto anima a compartir novas, publicacións científicas, eventos ou iniciativas relacionadas con TourisFarm, que poderán ser incluídas en futuras edicións.