A OPI-Área de Investigación participa no obradoiro “Train the trainers” de apoio á preparación de propostas ao ERC

Os días 19 e 20 de marzo de 2025 tivo lugar o obradoiro “Train the trainers: Programa de apoio á preparación de propostas ao ERC”, organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do Programa Oportunius, na súa sede en Santiago de Compostela.

O obradoiro foi impartido por Stewe Bekk e Malte Beringer, consultores especializados na preparación de propostas ao European Research Council (ERC). En representación da Oficina de Proxectos Internacionais – Área de Investigación da UVigo, asistiron as técnicas de promoción de proxectos internacionais Ana F. Mosquera e Adriana Santos Muñoz, e o técnico Diego Fernández Sevilla.

A xornada desenvolveuse nun formato interactivo e dinámico, achegando consellos e estratexias de aplicación práctica para a elaboración de propostas. Ademais, permitiu coñecer o ecosistema galego de xestión de proxectos ERC e compartir ideas, dúbidas, experiencias, principais retos e recomendacións con persoas expertas do ámbito.
O encontro tamén favoreceu a creación de redes de colaboración entre as persoas participantes e complementou de maneira eficaz as sesións informativas organizadas polo ERC, achegando unha visión menos institucional e máis orientada á práctica.

A OPI-Área de Investigación participa no obradoiro “Train the trainers” de apoio á preparación de propostas ao ERC

Os días 19 e 20 de marzo de 2025 tivo lugar o obradoiro “Train the trainers: Programa de apoio á preparación de propostas ao ERC”, organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do Programa Oportunius, na súa sede en Santiago de Compostela.

O obradoiro foi impartido por Stewe Bekk e Malte Beringer, consultores especializados na preparación de propostas ao European Research Council (ERC). En representación da Oficina de Proxectos Internacionais-Área de Investigación da UVigo, asistiron os técnicos de promoción de proxectos internacionais Ana F. Mosquera e Diego Fernández Sevilla, así como a técnica de atracción de talento investigador, Adriana Santos.