Xornada da RedOE sobre interdisciplinariedade en proxectos europeos

O pasado 15 de xuño de 2026, a Casa de la Convalescència de Barcelona acolleu a xornada híbrida «Conectando disciplinas: Fomentar la interdisciplinariedad para impulsar la investigación y los proyectos europeos», organizada polo Grupo de Traballo de Promoción da RedOE (Red de Oficinas Europeas de la CRUE). O evento centrouse na necesidade de integrar diversas metodoloxías e coñecementos para abordar os retos científicos actuais e responder ás esixencias de programas coma Horizon Europe.

Presenza galega e intercambio de boas prácticas

No marco do encontro, unha Técnica de Promoción de Proxectos Internacionais de Investigación da Universidade de Vigo vinculada a este subgrupo de traballo de promoción da RedOE, participou como relatora na mesa redonda titulada «Experiencias y enfoques para fomentar la interdisciplinariedad en proyectos de investigación».

Durante o debate, compartiu as boas prácticas, estratexias e experiencias da súa institución á hora de impulsar enfoques interdisciplinares e facilitar a integración exitosa de diferentes áreas de coñecemento nas propostas de financiamento internacional.

A xornada consolidouse como un espazo clave de reflexión para as universidades españolas, poñendo de relevo o papel transversal de áreas como as Ciencias Sociais e as Humanidades no éxito das estratexias de investigación europeas.

Grupo de Traballo de Promoción da RedOE (Red de Oficinas Europeas de la CRUE) no encontro do día seguinte, 13ª Conferencia do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea, titulada “Entre dous programas, Horizonte Europa”, organizada polo Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI) e celebrada en Barcelona o 16 de xuño de 2026.