O caso de Estonia centra un debate sobre a dixitalización das administracións públicas

Nunha iniciativa inserida nas actividades da rede europea ENDE 

“Agora mesmo, Estonia é o país máis avanzado de Europa a nivel de dixitalización pública”, sinalaba o xoves pasado, 18 de xuño, o investigador da Universidade Tecnolóxica de Talín David Ramiro Troitiño, nun coloquio na sede da Vicerreitoría do campus. Promovido polo profesor da Facultade de Dirección e Xestión Pública Celso Cancela, este relatorio forma parte das actividades da rede europea ENDE (European Network on Digitalization and E-Governance), unha iniciativa que reúne investigadores e investigadoras de doce países co obxectivo de afondar nas múltiples implicacións da transformación dixital da Unión Europea.

Ler a nova no DUVI.