A UVigo participa nun proxecto europeo para mellorar a xestión sostible do turismo nas zonas costeiras

A Universidade de Vigo é un dos socios do proxecto europeo SmartcoastSustainable MAnagement of visitor flows for Resilient Tourism in Coastal Areas, unha iniciativa que busca desenvolver solucións innovadoras para mellorar a xestión dos fluxos de visitantes en espazos costeiros de alto valor ambiental. No marco deste proxecto, a UVigo impulsará diferentes accións piloto nos concellos do Grove e Bueu orientadas a promover modelos de mobilidade máis sostibles e unha mellor xestión da presión turística sobre o territorio.

Coordinado polo organismo público francés Groupement d’Intérêt Public Littoral en Nouvelle-Aquitaine, SmartcEoast reúne 23 entidades de Irlanda, Portugal, Francia e España, das que 13 participan como entidades asociadas. O proxecto, de 30 meses de duración, conta cun orzamento próximo aos 3 millóns de euros financiados pola 3ª convocatoria do programa Interreg Atlantic Area, dos que preto de 150.000 euros lle corresponden á UVigo.

Máis información no DUVI