O proxecto europeo ALFUNFEED, coordinado polo Centro de Investigación Mariña (CIM), foi incorporado pola UNESCO como Acción Oficial da Década das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sustentable (2021-2030)

O proxecto europeo AlFunFeed, liderado polo catedrático José Luis Soengas desde o Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo, foi incorporado pola UNESCO como Decade Action – Project dentro da Década das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible (2021-2030). Este recoñecemento sitúa a iniciativa entre os proxectos internacionais que contribúen aos obxectivos da Década, promovendo unha ciencia transformadora ao servizo da protección dos océanos, da seguridade alimentaria e do desenvolvemento dunha economía azul sostible.

O proxecto está financiado no marco da convocatoria europea Sustainable Blue Economy Partnership (SBEP), cofinanciada por Horizon Europe, e ten como obxectivo desenvolver solucións innovadoras para unha acuicultura máis sostible mediante o aproveitamento de ingredientes alternativos para a alimentación de peixes.

A iniciativa reúne un consorcio internacional de entidades de investigación e empresas que traballan no desenvolvemento, validación e avaliación de novos ingredientes sostibles para pensos de especies de interese acuícola. O seu enfoque combina investigación avanzada, innovación e transferencia de coñecemento para contribuír á resiliencia do sector, á protección da biodiversidade mariña e ao uso responsable dos recursos oceánicos.

A incorporación de ALFUNFEED á Década das Ciencias Oceánicas reforza a visibilidade internacional do proxecto e recoñece o seu aliñamento cos obxectivos da UNESCO para impulsar unha ciencia transformadora ao servizo da saúde dos océanos, a seguridade alimentaria e o desenvolvemento sostible.

Máis información no DUVI

ALLFUNFEED project