A UVigo participa na reunión de lanzamento do proxecto europeo INTERREG Atlantic Area A.W.A.V.E.S.

Esta semana tivo lugar en Pontevedra a reunión de lanzamento do proxecto europeo A.W.A.V.E.S. (Atlantic Waves for Advancing Visionary, Equitable and Sustainable Tourism and Heritage) financiado polo programa Interreg Atlantic Area. O encontro contou coa representación da Universidade de Vigo e reuniu a socios de Francia, Irlanda, Portugal e España co obxectivo de iniciar unha iniciativa orientada a preservar, valorizar e divulgar o patrimonio marítimo atlántico mediante a cooperación internacional.

Durante o desenvolvemento das xornadas, dende a Universidade de Vigo presentouse o marco metodolóxico común que permitirá harmonizar a identificación, documentación e análise do patrimonio marítimo en todos os territorios participantes.

Xunto ás sesións técnicas de traballo, a Axenda incluíu visitas e presentacións de varias iniciativas locais, tales como:

  • O centro de investigación mariña Nautilus.
  • O proxecto de restauración duns histórico barco de vapor.
  • Un obradoiro centrado no marisqueo tradicional.
  • Unha visita á illa de Cortegada.

Estes exemplos puxeron de manifesto a posibilidade de integrar investigación, patrimonio, sustentabilidade e participación cidadá no ámbito atlántico.

A organización do evento correu a cargo da Deputación de Pontevedra, que actúa como socio líder do proxecto, nun encontro caracterizado polo traballo conxunto e o espírito de colaboración entre as entidades participantes.

Mais información