O proxecto TourisFarm publica a súa quinta newsletter

O proxecto europeo KA2 TourisFarm publicou a súa quinta newsletter, correspondente ao mes de xullo de 2026, na que analiza a tempada estival de turismo rural en Italia, Portugal e España, e recompila as principais novidades, tendencias e iniciativas que están a marcar a evolución deste sector en Europa.

Nesta edición destácanse o auxe do turismo rural en Italia, co incremento das chegadas internacionais ás masserie da rexión de Puglia; o crecemento do agroturismo e dos aloxamentos ao aire libre como opción preferente para as vacacións de verán; a aprobación de novos proxectos de turismo sostible en Portugal no marco do programa Crescer com o Turismo; e unha selección de adegas españolas que exemplifican as novas tendencias do enoturismo. A newsletter dedica tamén un espazo especial a Bodegas Triay, adega familiar situada na Ruta do Viño Monterrei, como exemplo de tradición vitivinícola, innovación e desenvolvemento do turismo do viño.

A publicación complétase cunha selección de artigos científicos recentemente publicados sobre turismo rural sostible, innovación e enoturismo, así como cunha axenda actualizada de congresos, convocatorias para publicacións científicas e outros eventos de interese previstos ata novembro de 2026.

👉 Acceda á newsletter completa.