África González Fernández, catedrática de Inmunoloxía recibiu o Premio María Josefa Wonenburger Planells 2025

África González Fernández, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, recibiu o Premio María Josefa Wonenburger Planells 2025, outorgado pola Xunta de Galicia en recoñecemento ao seu labor de investigación en inmunoloxía e nanomedicina.

Nun acto celebrado en Santiago de Compostela, no que tamén se entregou o Premio Wonenburger 2026 á doutora en Física pola USC Yolanda Prezado, África González repasou a súa traxectoria profesional e vital e agradeceu os apoios recibidos ao longo destes anos.

No seu discurso, pronunciado con “emoción, humildade e gratitude”, reivindicou máis igualdade e oportunidades para as científicas e reclamou “financiamento público e privado para a investigación, para poder construír unha Galicia, unha España e un mundo mellor”.

Un merecido recoñecemento a unha traxectoria científica excepcional e ao seu compromiso coa investigación, a divulgación e a sociedade.

Máis información no DUVI