TourisFarm publicou a súa sexta Newsletter, correspondente ao mes de setembro de 2026, na que recolle as principais novidades e actividades do proxecto arredor do turismo rural, o termalismo e o agroturismo en Europa.
Entre os contidos desta edición destaca a participación da Universidade de Vigo no II Congreso Internacional sobre Xestión do Termalismo, celebrado en Ourense, coa presentación dun traballo sobre as sinerxías entre termalismo e agroturismo na provincia e o posible desenvolvemento dun modelo de benestar rural propio.
A newsletter ofrece tamén unha mirada ao turismo rural e enogastronómico en Portugal, Italia e Eslovenia, con iniciativas relacionadas coa vendima, o enoturismo e o turismo de benestar. Ademais, dedica a súa sección de Empresa do Mes a Quinta da Aveleda, histórica adega familiar portuguesa con seis xeracións de tradición vitivinícola.