Sexta edición da G-Night (a Noite Europea das Persoas Investigadoras)

A Universidade de Vigo coordinou a sexta edición da G-Night (a Noite Europea das Persoas Investigadoras), un evento celebrado no último venres de setembro nas principais cidades galegas que sacou preto de 40 actividades científicas aos espazos públicos de Vigo, Ourense e Pontevedra coa participación de máis dun cento de investigadores. Co epicentro vigués situado no edificio Redeiras e na praza do Berbés. O programa permitiu achegarse a ámbitos tan diversos como a investigación contra o cancro, a bioloxía, a química, as matemáticas, a enxeñaría, a intelixencia artificial, a robótica, a aeronáutica, a exploración espacial ou a alimentación funcional reforzando a idea subliñada pola reitora Carmen García Mateo de que a universidade pública debe compartir o coñecemento xerado para facelo comprensible e útil para a sociedade

Máis información no DUVI