A UVigo consolídase na franxa 801-1000 do Times Higher Education World University Rankings 

A Universidade de Vigo volve consolidar a súa posición no panorama académico internacional ao manterse, por terceiro ano consecutivo, no tramo 801-1000 do Times Higher Education World University Rankings na súa edición 2027. A institución viguesa experimentou un melloramento progresivo na súa puntuación xeral (Overall), acadando unha valoración situouse entre 36.4 e 40.1 puntos (fronte aos 35.5-38.9 do exercicio anterior), nunha edición na que se avaliaron 2297 universidades de todo o mundo.

O informe destaca unha evolución positiva da UVigo na maioría dos eixes analizados. Sobresaen especialmente os resultados obtidos na calidade da investigación (Research Quality), onde acada 62.3 puntos sobre 100 grazas ao impacto das citas e á excelencia do traballo científico, e na transferencia cara á industria (Industry), na que se sitúa en 59.7 puntos. A institución mellora tamén as súas cifras nos eixes de docencia (27.0), contorna de investigación (21.6) e perspectiva internacional (50.5), reflectindo un crecemento sostido na atracción de talento e proxectos internacionais.

No ámbito estatal, onde a clasificación volta estar liderada por universidades catalás como a Universitat de Barcelona, a Universidade de Vigo comparte o tramo 801-1000 coa Universidade de Santiago de Compostela, mentres que a Universidade da Coruña se sitúa na franxa 1201-1400. A escala global, a prestixiosa Universidade de Oxford encabeza a táboa por undécimo ano consecutivo, seguida polo MIT e Princeton.

Máis información no DUVI