A Universidade de Vigo forma parte do novo proxecto europeo SoilPath, unha iniciativa financiada dentro da Misión «A Soil Deal for Europe» do programa Horizon Europe, dirixida a promover a xestión sustentable e a mellora da saúde do solo no contorno agrícola europeo.
A iniciativa reúne a 17 entidades de 11 países para xerar coñecementos, ferramentas e recomendacións que axuden a agricultores, asesores, investigadores e responsables públicos a adoptar prácticas que melloren a saúde dos solos agrícolas.
Coa súa incorporación a este proxecto de investigación e innovación europeo, a UVigo achega o coñecemento científico do seu persoal investigador para evaluar prácticas agrícolas sustentables e desenvolver solucións baseadas na ciencia. A achega técnica da universidade viguesa contribuirá directamente aos obxectivos da Misión do Solo da Unión Europea para protexer e restaurar os ecosistemas.
No desenvolvemento do proxecto tamén colabora a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) en tarefas de apoio operativo e difusión.
Coa súa presenza en SoilPath, a Universidade de Vigo continúa a reforzar o seu posicionamento nos grandes programas europeos de I+D+i e o seu compromiso coa transferencia de coñecemento ao contorno produtivo e ambiental.

