Presentación dos resultados do proxecto Plataforma ODS

O Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo celebrará o vindeiro venres 16 de outubro, ás 16:00 horas, na Casa das Campás de Pontevedra, unha xornada de presentación dos resultados do proxecto Plataforma ODS.

A Plataforma ODS (odslocal.es) é un proxecto de ciencia aberta financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, que reúne datos oficiais sobre o avance dos 8.131 municipios de España cara aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). A través dun mapa interactivo, indicadores comparables e datos abertos, a plataforma permite consultar e analizar a evolución dos municipios no cumprimento dos ODS.

Durante a xornada presentaranse as principais funcionalidades da plataforma e os resultados do proxecto, así como as recomendacións elaboradas polo Comité Cidadán polo Clima, un grupo de cidadanía de Pontevedra que, ao longo de varios meses, traballou na elaboración de propostas relacionadas co consumo alimentario, co obxectivo de contribuír á redución da pegada de carbono da cidade. O encontro pecharase cunha mesa redonda.

A asistencia á xornada é aberta e gratuíta, pero é imprescindible realizar a inscrición antes do 13 de outubro no seguinte formulario.

Segue a ligazón ao anuncio do evento.