Xornada científica entre o INL e o ecosistema galego de I+D+i: presentación de capacidades e oportunidades de colaboración conxunta.
O 8 de outubro de 2026 celebrouse en Santiago de Compostela unha xornada científica entre o International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL) e o ecosistema galego de I+D+i, organizada en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN). O seu obxectivo principal foi estreitar lazos e promover a colaboración científica e tecnolóxica co INL, identificar sinerxías, facilitar o acceso compartido a infraestructuras de vangarda e preparar a participación conxunta en proxectos internacionais.
Na organización da xornada por parte da Universidade de Vigo (UVIGO) colaboraron dúas técnicas da Oficina de Proxectos Internacionais (OPI).
A UVIGO participou cunha delegación ampla e multidisciplinar, articulada arredor dos seus centros de excelencia CIGUS (CINBIO, atlanTTIC, CINTECX e CIM), sumando 5 charlas científicas (Scientific Flash Talks), 1 Research Spotlight Session e 11 reunións bilaterais confirmadas con investigadores do INL.
Participación científica da UVIGO
- Scientific Flash Talks:
- Carlos Renero Lecuna – CINBIO (Biomimetic Nanomaterials, grupo Luis Liz)
- Félix Quintero Martínez – CINTECX (LaserON)
- Diana Valverde Pérez – CINBIO (Rare Diseases Lab)
- Verónica Salgueiriño – CINBIO (Hybrid Nanomaterials)
- Celia Olabarría – CIM (EZ1 Ecology and Zoology)
- Research Spotlight Session:
- Marcos Curty – Vigo Quantum Communication Center / atlanTTIC
A actividade completouse coa celebración de 11 reunións bilaterais confirmadas con investigadores do INL, nas que participaron persoal docente e investigador dos distintos centros: Carlos Renero, María Mayán, Félix Freire, Sergio Gómez Graña (grupo Lakshminarayana Polavarapu), Verónica Salgueiriño e Diana Valverde polo CINBIO; Félix Quintero polo CINTECX; Celia Olabarría, Francisco Pena polo CIM; Jesús Torres (Grupo Ecoloxía e Tecnoloxía dos Ecosistemas Acuáticos) ; e Marcos Curty por parte de atlanTTIC.
Esta xornada complementa a visita realizada o pasado 27 de outubro de 2025 ás instalacións do INL en Braga (Portugal), na que a UVIGO coñeceu de primeira man as súas infraestruturas e capacidades. Ambas as dúas actuacións forman unha secuencia coherente: primeiro, o coñecemento directo das instalacións do INL; agora, a presentación das capacidades galegas e o contacto directo entre grupos de investigación, coa vista posta en converter o achegamento nunha colaboración efectiva.




