TourisFarm promove a economía circular e o turismo sostible en Fisterra e comparte novas experiencias internacionais

O proxecto Erasmus+ KA2 TourisFarm publicou a súa sétima Newsletter, correspondente ao mes de outubro de 2026, na que recolle as principais novidades e actividades relacionadas co turismo rural, o agroturismo e a sustentabilidade en Europa.

Entre os contidos desta edición destaca a organización dun obradoiro sobre economía circular e colaboración con axentes locais en Fisterra (A Coruña), celebrado o 14 de outubro coa participación de alumnado da Universidade de Vigo. A actividade permitiu explorar diferentes iniciativas vinculadas ao turismo sostible e ao patrimonio local na Costa da Morte. Así mesmo, o consorcio participou no segundo encontro de aprendizaxe entre socios (Peer Learning Activity), celebrado os días 8 e 9 de outubro na Universidade de Primorska (Eslovenia), centrado no desenvolvemento dos itinerarios formativos do proxecto e no intercambio de experiencias.

A newsletter ofrece tamén unha mirada ás novidades do sector turístico en España, Italia e Portugal, con iniciativas relacionadas coa innovación, o turismo rural e o enoturismo. Ademais, dedica a súa sección de Empresa do Mes a Bordon Wines (Vina Bordon), unha adega familiar de Eslovenia con cinco xeracións de tradición vitivinícola. A edición complétase con publicacións científicas, próximos eventos e convocatorias de interese para o sector.

👉 Accede á newsletter completa