NOVAS DE PROXECTOS E ACTIVIDADES

Un proxecto dirixido desde a UVigo impulsa a economía circular e a agroecoloxía en Cuba

Esta semana visitou o campus unha delegación institucional da Universidade Agraria da Habana A Universidade de Vigo recibiu esta semana a visita dunha delegación institucional da Universidade Agraria da Habana (UNAH) para facer seguimento do proxecto internacional Prácticas de economía circular en gestión de residuos para mejorar la productividad y calidad alimentaria en Cuba, unha iniciativa coordinada pola UVigo, financiada pola

Leer máis »

DACEM presenta en Bruxelas os seus resultados finais e reforza a proxección europea da súa plataforma de catálogos académicos

Os días 16 e 17 de xuño tiveron lugar en Bruxelas dous eventos clave do proxecto europeo KA2 DACEM (Digitising Academic Catalogues for Enhanced Mobility), coordinado pola Universidade de Vigo e financiado polo programa Erasmus+. As actividades incluíron a cuarta e última reunión presencial do consorcio (Transnational Project Meeting) e o evento final de difusión, que reuniron aos socios do

Leer máis »

O caso de Estonia centra un debate sobre a dixitalización das administracións públicas

Nunha iniciativa inserida nas actividades da rede europea ENDE  “Agora mesmo, Estonia é o país máis avanzado de Europa a nivel de dixitalización pública”, sinalaba o xoves pasado, 18 de xuño, o investigador da Universidade Tecnolóxica de Talín David Ramiro Troitiño, nun coloquio na sede da Vicerreitoría do campus. Promovido polo profesor da Facultade de Dirección e Xestión Pública Celso

Leer máis »

O proxecto europeo Astral avanza no seu camiño de fortalecer a capacidade de anticipación das pemes tecnolóxicas

Os seus membros afrontan agora a transformación do coñecemento adquirido en ferramentas prácticas En xaneiro de 2025 arrancou o proxecto europeo Astral (Anticipating Strategic Long-Term Challenges), unha ambiciosa iniciativa internacional que reúne nove socios de catro países, entre eles a Universidade de Vigo, e ten un orzamento de 1,5 millóns de euros financiado polo programa Erasmus+. Con el búscase capacitar ás pemes, startups

Leer máis »

Arranca un mes para coñecer os marcos regulatorios, propostas lexislativas e aspectos de gobernanza dos sectores azuis

A formación está destinada a alumnado e profesionais de todos os sectores azuis e da administración Esta semana botou a andar a segunda edición do curso Módulo Jean Monnet Aspectos xurídicos e de gobernanza da Economía Azul Sostible da Unión Europea, unha iniciativa que se desenvolverá durante todo este mes no edificio Redeiras. A formación parte de Annina Cristina Burgin Piñeiro Oliveira,

Leer máis »

Newsletter TourisFarm | Maio 2026 – O turismo rural europeo no centro das políticas de sustentabilidade

O proxecto europeo KA2 TourisFarm, coordinado pola Universidade de Vigo, presenta a terceira edición da súa newsletter correspondente a maio de 2026. Nesta nova entrega, abórdanse algúns dos temas máis relevantes que están a marcar a evolución do turismo rural europeo, entre os que destacan:• A visita de campo realizada durante a primeira actividade de aprendizaxe entre pares, na que

Leer máis »

Un seminario internacional abordou en Ourense o emprego sostible desde a perspectiva do piar europeo de dereitos sociais

A iniciativa forma parte do proxecto europeo Jean Monnet RightsEU.   O campus de Ourense acolleu os días 23 e 24 de abril a celebración do seminario internacional Emprego sostible desde a perspectiva do piar europeo de dereitos sociais. Con el deuse continuidade ao proxecto Jean Monnet titulado The central role of the European Union’s social rights in employment in

Leer máis »

Estudantado e persoal internacional participan nas actividades do proxecto DACEM na Semana Internacional da UVigo

A Universidade de Vigo celebrou do 4 ao 8 de maio a súa Semana Internacional 2026, unha iniciativa organizada pola Oficina de Relacións Internacionais (ORI) baixo o lema “A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional”. Durante esta semana, profesionais e representantes de distintas universidades europeas participaron en actividades, relatorios e encontros arredor da internacionalización, a inclusión e

Leer máis »

Newsletter TourisFarm | Abril 2026 – Consolidando o camiño

O proxecto europeo KA2 TourisFarm, coordinado pola Universidade de Vigo, presenta a segunda edición da súa newsletter correspondente a abril de 2026. Nesta nova entrega, abórdanse diferentes contidos de interese, entre os que destacan:• Un fito clave do proxecto: a actividade de aprendizaxe entre pares celebrada en Porto.• O crecemento do turismo en Europa e as novas tendencias da demanda.•

Leer máis »