Obxectivos

A Área de Proxectos Internacionais de Educación da OPI é a encargada de informar sobre as convocatorias internacionais, asesorar para a participación e xestionar os proxectos de educación que teñen á UVigo como beneficiaria. En concreto, fomenta a participación da comunidade universitaria no desenvolvemento e implementación de proxectos internacionais innovadores baixo as seguintes modalidades:

  • Cooperación internacional
  • Innovación educativa
  • Desenvolvemento curricular
  • Intercambio de boas prácticas e know-how
  • Capacity-building (construíndo capacidades)
  • Alianzas de coñecemento
  • Asociacionismo estratéxico internacional
  • Planificación estratéxica e xestión internacional
  • Internacionalización dixital

Proporcionamos asesoramento e formación sobre o deseño, presentación e xestión de proxectos educativos innovadores con institucións e organizacións doutros países.

Promovemos e fomentamos un maior posicionamento internacional da UVigo, asistindo na procura de socios internacionais e nos trámites de xestión técnica e orzamentaria destes proxectos, así como no desenvolvemento de actividades formativas e a captación de recursos.

Apoiamos aos/as coordinadores/as de proxectos na xestión integral dos seus proxectos internacionais educativos, no marco das convocatorias da Unión Europea, especialmente as xestionadas pola EACEA, a Axencia Española de Cooperación Internacional e a Xunta de Galicia, así como na difusión dos seus resultados e sustentabilidade futura.

Servizos ofertados á Comunidade da UVigo

Máis en concreto, a Área de Proxectos Internacionais Educativos da OPI proporciona:

  • Información actualizada sobre convocatorias, prazos e oportunidades relativas a proxectos internacionais educativos.
  • Análises das ideas de proxectos e elixibilidade das accións propostas en función das convocatorias en vigor.
  • Punto de entrada para canalizar as peticións de cooperación internacional de novos proxectos internacionais que se reciben na universidade procedentes de entidades estranxeiras e a súa distribución a docentes e investigadores da Universidade de Vigo nos seus ámbitos concretos.
  • Apoio no acceso e á comprensión do proceso de solicitude.
  • Axuda na procura de socios internacionais e na formación de consorcios.
  • Colaboración no deseño e desenvolvemento de propostas competitivas.
  • Asesoría na elaboración do orzamento e análise do co-financiamento requeirido por parte da universidade.
  • Entrega do dossier institucional necesario para a presentación de propostas (descrición da nosa universidade, experiencia en proxectos anteriores ou similares, capacidade de xestión, etc.) e tramitación da firma institucional da solicitude.
  • Asistencia técnica na implementación dos proxectos aprobados, tanto nos proxectos educativos coordinados desde a universidade como nos que se participe en calidade de socio,
  • Interpretación das normas de financiamento nos proxectos en execución.
  • Interlocución ante os organismos convocantes e asistencia ás reunións de seguimento.
  • Comprensión da interculturalidade no traballo con socios doutros países.
  • Organización das reunións de coordinación de proxectos na Universidade de Vigo.
  • Xestión e arquivo do expediente institucional do proxecto.
  • Seguimento da xestión orzamentaria dos proxectos.
  • Procedementos administrativos diversos.
  • Apoio na elaboración dos informes técnicos de execución dos proxectos.
  • Apoio na xustificación e seguimento dos procesos de auditoría.
  • Contribución á visibilidade das actividades desenvoltas nos proxectos a través dun portal web común.
  • Apoio á explotación de resultados e á súa difusión científica.
  • Realización de actividades formativas sobre convocatorias de financiamento de proxectos, o deseño e execución de proxectos coa participación de expertos internos e externos.
  • Difusión das actividades dos proxectos en redes de universidades como GCU, Nice Network, Unimed, Nafsa, EAIE ou APAIE.

Servizos ofertados a Entidades estranxeiras e externas

O equipo da Área de Proxectos Internacionais Educativos da OPI da UVigo está á súa disposición para colaborar no intercambio de coñecemento nos diferentes ámbitos académicos nos que traballamos na nosa institución, na transferencia do noso know how en relación á preparación, presentación e implementación exitosa de proxectos, así como na creación de novos consorcios para participar como entidade coordinadora ou socia en novas convocatorias con financiamento externo.

Se están a buscar un socio para un proxecto, se necesitan formación ou apoio especializado nun ámbito concreto ou se desexan explorar potenciais vías de colaboración coa UVigo e os noso persoal docente e investigador, o noso equipo está á súa disposición para asesorarlles e actuar como ligazón entre a nosa universidade e a súa institución.

Convidámolos a consultar as nosas seccións de proxectos educativos internacionais e de proxectos internacionais de investigación, onde poderán acceder a información sobre os proxectos nos que participamos nos últimos 20 anos.

Para poñerse en contacto co noso equipo, acudan á sección de contacto.