OBXECTIVOS E SERVIZOS

Obxectivos

A Área de Proxectos Internacionais de Educación da OPI é a responsable de informar sobre as convocatorias internacionais, asesorar para a participación e xestionar os proxectos de educación que teñen á UVigo como beneficiaria. En concreto, fomenta a participación da comunidade universitaria no desenvolvemento e implementación de proxectos internacionais innovadores baixo as seguintes modalidades e temáticas:

Cooperación internacional

Promovendo a colaboración en proxectos que involucren múltiples países para abordar desafíos globais (creación de redes, intercambio de coñecementos)

Innovación educativa
Fomentando a mellora e transformación de métodos de ensino e aprendizaxe

Desenvolvemento curricular
Contribuíndo ao deseño e mellora de plans de estudo internacionais e á adaptación de programas académicos

Intercambio de boas prácticas e know-how
Facilitando o intercambio de experiencias exitosas e coñecemento entre diferentes institucións

Capacity-Building (Construíndo Capacidades)
Fortalecendo as capacidades institucionais a través de proxectos de capacitación e desenvolvemento

Alianzas de coñecemento
Fomentando o establecemento de alianzas estratéxicas que promovan a excelencia académica e a investigación

Asociacionismo estratéxico internacional
Apoiando a creación de asociacións estratéxicas que impulsen a internacionalización da UVigo

Planificación estratéxica e xestión internacional
Contribuíndo á planificación estratéxica e á xestión de proxectos internacionais

Internacionalización dixital
Promovendo a dixitalización e o emprego de ferramentas dixitais na educación internacional

Servizos

Ofrecemos asesoramento e formación no deseño, presentación e xestión de proxectos educativos innovadores en colaboración con institucións e organizacións doutros países.

Traballamos para aumentar un maior posicionamiento internacional da UVigo. Isto inclúe a procura de socios internacionais, a xestión técnica e orzamentaria de proxectos internacionais, así como o desenvolvemento de actividades de formación e a captación de recursos.

Apoiamos ao persoal da UVigo, coordinador de proxectos internacionais, especialmente no marco das convocatorias da Unión Europea, xestionadas pola EACEA, o SEPIE, a Axencia Española de Cooperación Internacional e a Xunta de Galicia. Tamén axudamos na difusión dos resultados e a sustentabilidade a longo prazo dos proxectos aprobados.

Información actualizada sobre convocatorias, prazos e oportunidades relativas a proxectos internacionais educativos.

Análises das ideas de proxectos e elixibilidade das accións propostas en función das convocatorias vixentes.

Punto de entrada para canalizar as peticións de cooperación internacional de novos proxectos internacionais que se reciben na universidade procedentes de entidades estranxeiras e a súa distribución a docentes e investigadores da Universidade de Vigo nos seus ámbitos concretos.

Apoio no acceso e á comprensión do proceso de solicitude.

Colaboración no deseño e desenvolvemento de propostas competitivas.

Asesoría na elaboración do orzamento e análise do co-financiamento requerido por parte da universidade.

Entrega do dossier institucional necesario para a presentación de propostas (descrición da nosa universidade, experiencia en proxectos anteriores ou similares, capacidade de xestión, etc.) e tramitación da firma institucional da solicitude.

Asistencia técnica na implementación dos proxectos aprobados, tanto nos proxectos educativos coordinados desde a universidade como nos que se participe en calidade de socio.

Interpretación das normas de financiamento nos proxectos en execución.

Interlocución ante os organismos convocantes e asistencia ás reunións de seguimento.

Comprensión da interculturalidade no traballo con socios doutros países.

Organización das reunións de coordinación de proxectos na Universidade de Vigo.

Xestión e arquivo do expediente institucional do proxecto.

Seguimento da xestión orzamentaria dos proxectos.

Procedementos administrativos diversos.

Apoio na elaboración dos informes técnicos de execución dos proxectos.

Apoio na xustificación e seguimento dos procesos de auditoría.

Contribución á visibilidade das actividades desenvoltas nos proxectos a través dun portal web común.

Apoio á explotación de resultados e á súa difusión científica.

Realización de actividades formativas sobre convocatorias de financiamento de proxectos, o deseño e execución de proxectos coa participación de expertos internos e externos.

Difusión das actividades dos proxectos en redes de universidades como GCU, Nice Network, Unimed, Nafsa, EAIE ou APAIE.

O equipo da Área de Proxectos Internacionais Educativos da OPI da UVigo está á súa disposición para colaborar no intercambio de coñecemento nos diferentes ámbitos académicos nos que traballamos na nosa institución, na transferencia do noso know-how en relación á preparación, presentación e implementación exitosa de proxectos, así como na creación de novos consorcios para participar como entidade coordinadora ou socia en novas convocatorias con financiamento externo.

 

Se están a buscar un socio para un proxecto, se necesitan formación ou apoio especializado nun ámbito concreto ou se desexan explorar potenciais vías de colaboración coa UVigo e os noso persoal docente e investigador, o noso equipo da OPI – área educativa, está á súa disposición para asesorarlles e actuar como ligazón entre a nosa universidade e a súa entidade.

 

Convidámolos a consultar as nosas seccións de proxectos educativos internacionais e de proxectos internacionais de investigación, onde poderán acceder a información sobre os proxectos nos que participamos nos últimos 25 anos.

Contacta con nós: