O buscador de Funding & Tenders da Comisión Europea é unha ferramenta completa que agrupa múltiples oportunidades de financiamiento de proxectos, dende Erasmus+ e o Programa CERV, pasando por CREA, AMIF, o programa JUST, etc. Estes programas ofrecen a posibilidade de presentar proxectos educativos de cooperación internacional, en liña coas prioridades estratéxicas da UE.
Consulta todas as convocatorias abertas, pechadas e futuras.
As Axencias Nacionais ocúpanse da xestión das Accións descentralizadas do Programa Erasmus+. En España, o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), xestiona os proxectos descentralizados do programa Erasmus+ nos ámbitos da educación e a formación, e en concreto, os proxectos de cooperación KA2: Asociacións de Cooperación (KA220) e Asociacións a pequena escala (KA201). Estas Accións Clave están dirixidas a todos os sectores educativos: educación escolar (SCH), formación profesional (VET), educación superior (HED) e educación de persoas adultas (ADU).
A Xunta de Galicia anuncia anualmente dúas convocatorias orientadas ao impulso da acción exterior e a cooperación para o desenvolvemento de Galicia. Estas convocatorias, coñecidas como “Convocatoria de Investigación para o desenvolvemento” e “Convocatoria de Proxectos no exterior”, brindan ás universidades galegas unha valiosa oportunidade para participar de maneira activa e contribuír ao crecemento e a proxección internacional da rexión.
A AECID publica regularmente diversas axudas destinadas a proxectos de cooperación para o desenvolvemento, en liña coa política exterior do goberno. Estas axudas inclúen subvencións para accións de cooperación no ámbito da innovación, así como subvencións directas en materia de cooperación internacional, ofrecendo oportunidades significativas para impulsar iniciativas que promovan o desenvolvemento e a solidariedade internacional.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certas características e funcións.