2025
25-27/02/2025
Obradoiro: “Elaboración e xestión de proxectos financiados pola UE no contexto dixital” (3ª Edición)

A Cátedra Jean Monnet Institucións Europeas e Cidadáns: adaptar a Unión Europea aos desafíos da Dixitalización (EICAEUD) organiza a terceira edición deste obradoiro práctico, deseñado para afondar no deseño e xestión de proxectos europeos nunha contorna dixital.
📅 Datas: 25 e 27 de febreiro de 2025
⏰ Horario: De 16:00 a 18:30 horas
💻 Modalidade: Actividade virtual a través do campus remoto da UVigo
Ponentes:
- Celso Cancela Outeda, coordinador da Cátedra Jean Monnet EICAEUD
- Eva Garea Oya, Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación
Dirixido a:
Profesionais, académicos, estudantes e calquera persoa interesada en desenvolver competencias para a elaboración e xestión de proxectos financiados pola Unión Europea.
Inscrición:
A inscrición está aberta a través da plataforma Bubela
2024
11-12/12/2024
Novas oportunidades de financiamento europeo 2025:
proxectos educativos innovadores

Desde a Oficina de Proxectos Internacionais convidámosvos a participar nas Xornadas Informativas sobre as Novidades das Convocatorias Erasmus+ 2025 e Europa Creativa. Estas xornadas ofrecen a oportunidade de coñecer as accións, cambios e como captar financiamento europeo para proxectos educativos innovadores en 2025.
Datas e lugares:
- 11 de decembro:
- Campus de Ourense: Salón de Graos do Edificio Xurídico-Empresarial. Horario: 12:30 – 14:30 h
- 12 de decembro:
- Campus de Vigo: Aula de Grao da Escola de Enxeñaría Industrial. Horario: 09:30 – 11:15 h
- Campus de Pontevedra: Seminario 13 da Facultade de Comunicación. Horario: 12:30 – 14:30 h
Presentacións
Campus Ourense: Novas, CBHE, Jean Monnet, Erasmus Mundus
Campus Vigo: Novas, KA2 Alianzas para a Innovación, CBVET, CoVE, Teachers Academies
Campus Pontevedra: Novas, KA2 Asociacións para a Cooperación, Erasmus+ Sports
Programa Europa Creativa: Innovation Lab e Media Literacy
2024
22/08/2024
Sustainability Programme for Exchange Students

A Oficina de Proxectos Internacionais xunto coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación, o Vicerreitorado de Internacionalización e o Centro de Posgrao e Formación Permanente organiza este “Programa Internacional de Sustentabilidade” en colaboración con 4 institucións: Universidade de Vigo(España), University of Applied Sciences Emdem/Leer (Alemaña), PAR University (Croacia), GEA Collegue (Eslovenia). O Programa combina formación académica en sustentabilidade e tecnoloxía ambiental con experiencia práctica, promovendo colaboración internacional e intercambio cultural. Ofrece unha experiencia educativa transformadora para estudantes de intercambio apaixonados polos temas ambientais.
A Universidade de Vigo aposta profundamente pola sustentabilidade a través das súas titulacións integrais, como o Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais e o Grao en Enxeñaría de Minas e Enerxía. Tamén ofrece cursos de formación continua a través do seu Centro de Posgrao e Formación Permanente, cunha ampla oferta de conferencias virtuais sobre o quecemento global e os obxectivos de desenvolvemento sostible.
Obxectivos do Programa
- Mellorar os coñecementos académicos e prácticos do alumnado en sustentabilidade e tecnoloxía ambiental, proporcionando acceso a investigación avanzada, prácticas innovadoras e expertos líderes.
- Proporcionar ao alumnado as habilidades necesarias para afrontar e preparalos para carreiras na economía verde.
- Fomentar a colaboración internacional e o intercambio cultural fomentando o traballo en equipo entre estudantes de diversas procedencias e mellorar a comprensión e a cooperación intercultural.
- Contribuír aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), involucrar aos estudantes de intercambio en experiencias que aborden problemas ambientais do mundo real. Isto adestra aos estudantes para a responsabilidade ambiental, impulsa iniciativas de sustentabilidade nos seus países de orixe e ten un impacto significativo na consecución dos ODS mediante a educación, a investigación e o compromiso comunitario.
Características do Programa
Modalidade: presencial e semipresencial (Campus Virtual UVigo).
Duración: primeiro cuadrimestre do curso 2024-2025 (setembro-decembro 2024).
Metodoloxía: teórico-práctica.
Número máximo de estudantes de intercambio: 20 participantes da UVigo.
Público obxectivo: estudantes de intercambio das institucións que forman parte deste programa. No caso da UVigo, estudantes durante o primeiro cuadrimestre do curso 2024-2025.
Requisitos: os estudantes de intercambio deben estar matriculados nunha titulación académica na súa institución de orixe e ser admitidos como estudantes Erasmus+ na UVigo durante o primeiro cuadrimestre do curso 2024-2025.
Certificado: os estudantes que completen todos os compoñentes do programa recibirán un certificado de finalización. Para o Compoñente 3, o alumnado terá a cualificación da materia incluída no seu correspondente expediente académico da UVigo. A superación da materia outorga o número de créditos ECTS correspondente.
2023
19/11/2023
Xornada informativa: Novas Convocatorias Erasmus+ 2024

A Oficina de Proxectos Internacionais – Área Educativa organiza unha xornada informativa virtual o
19 de decembro para presentar as novas convocatorias de proxectos Erasmus+, de acordo co seguinte programa:
- 09.30-09.45: Apertura da xornada. Belén Rubio Armesto, Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación.
- 09.45-10.00: Novidades das convocatorias de proxectos Erasmus+ 2024 e o calendario de presentación de propostas KA2, KA3 e Jean Monnet. Eva Garea Oya, Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación, OPI.
- 10.00-10.30: Accións Jean Monnet no ámbito da educación superior. Diego Fernández Sevilla, Técnico de Promoción de Proxectos Internacionais de Investigación e Educación, OPI Ourense.
- 10.30-11.00: CBHE: Creación de capacidades no ámbito da Educación Superior e CBVET: Creación de capacidades no ámbito da Formación Profesional. Elisabet López Regueira, Técnica de Promoción de Proxectos Internacionais de Educación, OPI.
- 11.00-11.30: KA2 Asociacións estratéxicas de cooperación. Lorena Diana Gatea, Técnica de Promoción de Proxectos Internacionais de Educación, OPI.
- 11.30-12.00: KA2 Asociacións para a Innovación, Alberto Rellán López, Técnico de Promoción de Proxectos Internacionais de Investigación e Educación, OPI Pontevedra.
- 12.00-12.15: Preguntas, comentarios e conclusións.
Durante a xornada, os relatores centraranse en dar a coñecer as características das accións Erasmus+ 2024 cuxas datas límite de presentación de proxectos finalizan en febreiro e marzo de 2024.
A xornada terá lugar no espazo virtual do Campus Remoto, sala Oficina de Proxectos Internacionais – Docencia.
26/09/2023-23/11/2023
Curso formativo: Como captar Financiamento Europeo para a túa Empresa

Os obxectivos deste curso consisten en capacitar o persoal das empresas da provincia de Pontevedra no coñecemento das distintas convocatorias europeas de financiamento do período 2021-2027. Trataranse os principais mecanismos europeos para financiar ideas innovadoras; dar a coñecer toda a información necesaria para solicitar un proxecto europeo frutuoso coa participación de distintos axentes: universidades, centros de investigación e outros. Compartiranse «historias de éxito»; preparar o «perfil europeo» e acceder a información actualizada sobre convocatorias e programas para comezar a participar en proxectos da UE.
- Modalidade: virtual (Campus virtual remoto da Universidade de Vigo) e presencial para a sesión de apertura e o inicio do módulo práctico: a navegación do portal europeo.
- Duración: 75 horas (50 horas de formación + 15 horas de traballo individual das/os participantes+ 10 horas de asesoramento co profesorado do curso).
- Datas de celebración do curso: do 26 de setembro ao 23 de novembro 2023; os martes e os xoves, de 16.00h a 19.00h (excepto en setembro, de 16.00h a 20.00h)
- Días de formación: 26 e 28 de setembro. Total: 8 horas. Horario: 16.00 a 20.00h
3, 5, 10, 17, 19, 24, 26 e 31 de outubro. Total: 24 horas. Horario: 16.00h a 19.00h
7, 9, 14, 16, 21,23 de novembro: 18 horas. Horario: 16.00 a 19.00h - Número mínimo e máximo de alumnado: establécese un mínimo de 12 persoas e un máximo de 50 participantes.
Pode consultar toda a información sobre os obxectivos, o contido formativo, así como o horario detallado no folleto do curso. O prazo de inscrición estará aberto ata o 10 de setembro 2023 a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdkQDoX-sVpYmK-ptyCZ5eObUgKneTMUmeiXhaDrxg2mqKaBQ/viewform
24/05/2023
Xornada sobre Creatividade e Innovación

Esta xornada gratuita organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) pretende crear un espazo para compartir coñecementos, experiencias e exemplos prácticos que demostren como a investigación, a creatividade e a innovación son fundamentais para resolver os retos actuais, especialmente na procura de solucións sostibles para o futuro. Este evento forma parte do programa de divulgación científica Ciencia Ida e Volta, desenvolvido pola Universidade de Vigo, que se celebrou o pasado 21 de abril na Casa das Campás (Campus Pontevedra) en conmemoración do Día Mundial da Creatividade e da Innovación.
Ponencias destacadas:
- “Creatividade e innovación na captación de fondos europeos para construír sociedades máis sostibles”, impartida por Eva Garea, directora da Área de Proxectos Educativos Internacionais.
- “Investigación sostible para o futuro”, a cargo dos investigadores da Biomasa e grupo de Desenvolvemento Sostible (BioDeSost) do CINBIO, Carla Cameselle, María Dolores Torres e Noelia Flórez.
- Conferencia sobre residuos agroindustriais e o seu potencial como absorbedores de contaminantes ou catalizadores para a xeración de combustibles, a cargo de Aida María Díez, investigadora do CINTECX e membro do grupo de Bioenxeñaría e Procesos Sostibles (Biosuv).
Video da xornada
Presentacións Eva Garea
Nova no Duvi
Nova na web da UCC+i
18-20/04/2023
Obradoiro Virtual: Elaboración e Xestión de Proxectos financiados pola UE no contexto dixital

O obxectivo xeral deste obradoiro consiste en iniciar aos/ás participantes na elaboración e xestión de proxectos para concorrer a convocatorias promovidas pola UE. Combina a achega duns mínimos contidos teóricos co tratamento de situacións prácticas. Deste xeito, agárdase aumentar as habilidades e capacidades profesionais dos/as participantes, incrementando así as posibilidades de emprego nun eido con alta demanda.
Contidos:
- Introdución: Unión Europea e políticas públicas
- Aspectos básicos da elaboración e xestión de proxectos europeos. As plataformas dixitais.
- Pasos clave para a formulación de proxectos na contorna dixital.
- ¿Como elaborar e presentar unha proposta europea?
- Consideracións finais: recomendacións e consellos
Impartido por Celso Cancela e Eva Garea no Campus Remoto da UVigo. Salón de Actos da Facultade de Dirección e Xestión Pública.
Este obradoiro gratuíto está financiado pola cátedra europea Jean Monnet: European Institutions and Citizens: Adapting the EU to the digitalisation challenges.
Repositorio de anos anteriores
Aquí poderás consultar as xornadas informativas realizadas na OPI de anos anteriores.
2022
- Xornadas Informativas Novas oportunidades de financiamento europeo 2023, no eido da educación e da innovación, exemplos de boas prácticas (29/06/2023)
Estas xornadas están organizadas pola Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación e a Oficina de Proxectos Internacionais, Área de Educación.
2021
- Xornada informativa sobre as novas convocatorias de proxectos ERASMUS+ 2021-27 e exemplos de boas prácticas (07/05/2021)
A Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, xunto coa Oficina de Proxectos Internacionais organizan unha xornada informativa sobre as novas convocatorias ERASMUS+ 2021-27 e exemplos de boas prácticas dirixida á comunidade docente e investigadora da UVigo.

- Curso de formación en xestión e xustificación de proxectos europeos Erasmus+ OPI (17-18,25-26/03/2021)
A Escola Aberta de Formación Permanente xunto coa Oficina de Proxectos Internacionais poñen en marcha este curso. O obxectivo é que os participantes adquiran competencias en relación á xustificación de proxectos europeos Erasmus + e afonden na xestión administrativa, técnica e financeira dos proxectos financiados pola UE na UVigo, a fin de lograr unha xestión eficiente. Adquiriranse coñecementos sobre as normativas de elixibilidade dos gastos, a súa adecuada xustificación. Incrementaranse as aptitudes para abordar a coordinación e a execución dos fondos dos distintos proxectos e na utilización práctica das ferramentas electrónicas de uso obrigado. Facilitaranse recomendacións para unha correcta xustificación das axudas concedidas, en relación ás particularidades da xestión financeira das asociacións estratéxicas KA2 e aos seus sistemas de control e auditoría.
- Xornada Informativa Másteres Conxuntos Erasmus Mundus (EMJM) convocatoria 2021
(09/03/2021)
O persoal da área educativa da OPI participa nesta xornada organizada polo Servicio Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), Ministerio de Universidades, na que se avanzan as novidades sobre os másteres conxuntos Erasmus Mundus (EMJM) así como os procedementos de verificación das iniciativas aprobadas pola Unión Europea en España.

- What’s new in Brussels: recent developments in European policies and programmes- ACA (04-05/03/2021)
A Academic Cooperation Association coa participación da Comisaria Europea de Innovación, Investigación, Educación e Xuventude, Mariya Gabriel e o persoal da Dirección Xeral de Educación e o de Investigación e Innovación da Comisión Europea organiza o evento: “What’s new in Brussels? Recent Developments in European Policies and Programmes” co obxectivo de informar sobre as innovacións e oportunidades clave na nova xeración de programas e políticas de educación superior e investigación da UE, con especial énfase nas accións de Erasmus + e as súas sinerxias con Horizonte Europa e outros plans de financiamento, incluídos os nacionais. O persoal da área de educación da OPI asiste a este evento virtual de forma pro-activa.

- VI Xornadas OCUD. Avances e retos da cooperación universitaria ao desenvolvemento (20-21/01/2021)
O Observatorio da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (OCUD) da CRUE e a UOC organizan as VI Xornadas OCUD – 20 Anos da ESCUCE, coa asistencia do persoal da área de educación da OPI para abordar e ampliar as claves da cooperación universitaria ao desenvolvemento e reflexionar sobre esta temática desde varias perspectivas, como a cooperación descentralizada, a interxeneracionalidade desde o feminismo, o antirracismo, a descolonización e a sostenibilidade medioambiental, así como o impacto da COVID-19 nos proxectos e actividades de cooperación.

2020
- Xornadas técnicas sobre financiamento Europeo 2021-2027 (16-17/12/2020)
O Campus da Auga promove esta iniciativa coordinada pola Oficina de Proxectos Internacionais, que achega as novidades que supón o novo período de programación europea 2021-2027 no que a programas de financiamento público refírese, incluindo a actualidade sobre o orzamento europeo e a Política Europea de Cohesión para o período 2021-2027 así como os Programas de Xestión Directa máis relevantes. Estas xornadas inclúen formación en relación ás características e enfoque dos proxectos europeos, terminoloxía, tecnicismos, planificación, recomendacións e recursos ou apoios existentes para a elaboración de propostas.
- Curso virtual medidas de prevención do fraude (11/11/2020)
A Vicerreitoría de Investigación e a Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) organizan o curso virtual “Medidas de prevención do fraude”. Conferenciante: José Antonio Fernández Ajenjo.

- Xornadas do subgrupo de refuxio da CRUE (10/11/2020)
O persoal da área educativa da OPI participa nestas xornadas organizadas pola CRUE sobre o acceso das persoas refuxiadas á universidade: retos, desafíos e respostas. Os temas das xornadas inclúen: refuxio e dereito á educación, intercambio de experiencias e protocolos de recoñecemento nas universidades españolas e no espacio europeo e internacional.

- XVI Xornadas CRUE de Internacionalización e Cooperación das Universidades Españolas (15/10/2020)
O persoal da área educativa da OPI participa nestas xornadas organizadas pola CRUE nas que se debaten, entre outros aspectos, as novidades do novo Programa Erasmus 2021-2027 e a estratexia de internacionalización das universidades españolas.
- Seminario: nova convocatoria de proxectos Erasmus+ Covid 19 para o desenvolvemento das competencias dixital e creativa (17/09/2020)
Para dar resposta ás circunstancias provocadas pola pandemia COVID-19, a Comisión Europea publicou dúas novas convocatorias extraordinarias no marco do programa Erasmus + 2020, destinando preto de 100 millóns de euros a cada unha destas chamadas para responder á pandemia coronavirus. Ante esta nova convocatoria de proxectos de asociacións para a educación dixital e para a creatividade, cun orzamento máximo por proposta de 300.000 euros a Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, xunto coa Oficina de Proxectos Internacionais organizan o seminario virtual: Erasmus+ ante a Covid-19: deseño de proxectos para o desenvolvemento das competencias dixital e creativa.
Presentación e benvida: María Isabel Doval Ruiz. Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
Poñente: Eva Garea Oya. Técnica Superior de Relacións Internacionais. Oficina de Proxectos Internacionais. Área de Proxectos Internacionas Educativos.
2019
- Presentación da Oficina de Proxectos Internacionais. Formación sobre novas convocatorias europeas de educación 2020 (27/11/2019)
- Oportunidades de financiamento nos programas Europa Creativa e Europa cos Cidadáns (07/11/2019)
- Encontro de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (26/09/2019)
2018
- Academy of excellence Western Balkans — UVigo (18/06/2018)
Entre o 18 e 22 de xuño celebrouse a semana internacional «Academy of excellence Western Balkans — UVigo» na sala I do edificio Miralles
Ler a nova no DUVI