18-20/04/2023
Obradoiro Virtual: Elaboración e Xestión de Proxectos financiados pola UE no contexto dixital

O obxectivo xeral deste obradoiro consiste en iniciar aos/ás participantes na elaboración e xestión de proxectos para concorrer a convocatorias promovidas pola UE. Combina a achega duns mínimos contidos teóricos co tratamento de situacións prácticas. Deste xeito, agárdase aumentar as habilidades e capacidades profesionais dos/as participantes, incrementando así as posibilidades de emprego nun eido con alta demanda.
Contidos:
- Introdución: Unión Europea e políticas públicas
- Aspectos básicos da elaboración e xestión de proxectos europeos. As plataformas dixitais.
- Pasos clave para a formulación de proxectos na contorna dixital.
- ¿Como elaborar e presentar unha proposta europea?
- Consideracións finais: recomendacións e consellos
Impartido por Celso Cancela e Eva Garea no Campus Remoto da UVigo. Salón de Actos da Facultade de Dirección e Xestión Pública: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/925276772
– Período de matrícula: 17/03/2023 19:08 – 18/04/2023 14:00
– Duración: 5 horas. Martes 18 e xoves 20 de abril de 2023. Horario: 16.00-18:30.
– Inscrición: https://bubela.uvigo.es/curso/5057
Este obradoiro gratuíto está financiado pola cátedra europea Jean Monnet: European Institutions and Citizens: Adapting the EU to the digitalisation challenges.
16/11/2022
“Xornadas Informativas Novas oportunidades de financiamento europeo 2023, no eido da educación e da innovación, exemplos de boas prácticas”
Estas xornadas están organizadas pola Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación e a Oficina de Proxectos Internacionais, Área de Educación.
As sesións terán lugar os días 24 e 25 de novembro de xeito virtual no Campus Remoto UVigo. Palacio de Congresos Virtual Vigo. Sala de conferencias 20 en horario de 9.15 a 14.00 h. Prema aquí para acceder en liña.
Programa da xornada
Nova no DUVI
07/05/2021
Xornada informativa sobre as novas convocatorias de proxectos ERASMUS+ 2021-27 e exemplos de boas prácticas
A Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, xunto coa Oficina de Proxectos Internacionais organizan unha xornada informativa sobre as novas convocatorias ERASMUS+ 2021-27 e exemplos de boas prácticas dirixida á comunidade docente e investigadora da UVigo.
A actividade terá lugar o vindeiro 7 de maio no Campus Virtual da OPI, sala 2, en horario de 9.30 a 13.00 h.
Programa da xornadaPresentación Eva Garea xornada novas convocatorias de proxectos europeos Erasmus+ 2021-27
17,18,25,26/03/2021
Curso de formación en xestión e xustificación de proxectos europeos Erasmus+ OPI
A Escola Aberta de Formación Permanente xunto coa Oficina de Proxectos Internacionais poñen en marcha est curso os días 17,18, 25 e 26 de marzo de 09:30 a 12:00 horas (modalidade virtual- prazo de inscripción: 18/02/2021-11/03/2021). O obxectivo é que os participantes adquiran competencias en relación á xustificación de proxectos europeos Erasmus + e afonden na xestión administrativa, técnica e financeira dos proxectos financiados pola UE na UVigo, a fin de lograr unha xestión eficiente. Adquiriranse coñecementos sobre as normativas de elixibilidade dos gastos, a súa adecuada xustificación, en base aos principios do presuposto comunitario de boa xestión financeira. Incrementaranse as aptitudes para abordar a coordinación e a execución dos fondos dos distintos proxectos e na utilización práctica das ferramentas electrónicas de uso obrigado. Facilitaranse recomendacións para unha correcta xustificación das axudas concedidas, en relación ás particularidades da xestión financeira das asociacións estratéxicas KA2 e aos seus sistemas de control e auditoría. Programa do curso
09/03/2021
Xornada Informativa Másteres Conxuntos Erasmus Mundus (EMJM) convocatoria 2021
O persoal da área educativa da OPI participa nesta xornada organizada o 9 de marzo 2021 polo Servicio Español para a Internacionalización da Educación, SEPIE, Ministerio de Universidades, na que se avanzan as novidades sobre os másteres conxuntos Erasmus Mundus (EMJM) no marco do programa Erasmus+ 2021-2027, así como os procedementos de verificación das iniciativas aprobadas pola Unión Europea en España.
04-05/03/2021
What’s new in Brussels: recent developments in European policies and programmes- ACA
A Academic Cooperation Association organiza o 4 e 5 de marzo coa participación da Comisaria Europea de Innovación, Investigación, Educación e Xuventude, Mariya Gabriel e o persoal da Dirección Xeral de Educación e o de Investigación e Innovación da Comisión Europea o evento: “What’s new in Brussels? Recent Developments in European Policies and Programmes” co obxectivo de informar sobre as innovacións e oportunidades clave na nova xeración de programas e políticas de educación superior e investigación da UE, con especial énfase nas accións de Erasmus + e as súas sinerxias con Horizonte Europa e outros plans de financiamento, incluídos os nacionais. O persoal da área de educación da OPI asiste a este evento virtual de forma pro-activa.
20-21/01/2021
VI Xornadas OCUD. Avances e retos da cooperación universitaria ao desenvolvemento
O Observatorio da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (OCUD) da CRUE e a UOC organizan as VI Xornadas OCUD – 20 Anos da ESCUCE, coa asistencia do persoal da área de educación da OPI para abordar e ampliar as claves da cooperación universitaria ao desenvolvemento e reflexionar sobre esta temática desde varias perspectivas, como a cooperación descentralizada, a interxeneracionalidade desde o feminismo, o antirracismo, a descolonización e a sostenibilidade medioambiental, así como o impacto da COVID-19 nos proxectos e actividades de cooperación.
16-17/12/2020
Xornadas técnicas sobre financiamento Europeo 2021-2027
O Campus da Auga promove esta iniciativa coordinada pola Oficina de Proxectos Internacionais, que achega as novidades que supón o novo período de programación europea 2021-2027 no que a programas de financiamento público refírese, incluindo a actualidade sobre o orzamento europeo e a Política Europea de Cohesión para o período 2021-2027 así como os Programas de Xestión Directa máis relevantes. Estas xornadas inclúen formación en relación ás características e enfoque dos proxectos europeos, terminoloxía, tecnicismos, planificación, recomendacións e recursos ou apoios existentes para a elaboración de propostas
24-30/11/2020
CBHE LOVEDISTANCE Formación de Formadores
Este curso de “Formación de Formadores Barcelona 2020” (TofT Bcn 2020), no marco do proxecto europeo Erasmus+ CBHE LOVEDISTANCE, no que participa a área educativa da OPI, está centrado no desenvolvemento de competencias pedagóxicas e didácticas na formación a distancia pero tamén ferramentas tecnolóxicas, técnicas e comunicativas para o ensino en liña, pensando desde a percepción dunha nova realidade educativa, nova actitudes e crenzas sobre ensino e aprendizaxe, cara a unha apertura ao cambio. Programa: SYLLABUS TRAINING OF TRAINERS BARCELONA 2020
11/11/2020

Curso virtual medidas de prevención do fraude
A Vicerreitoría de Investigación e a Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) organizan o curso virtual “Medidas de prevención do fraude”. Conferenciante: José Antonio Fernández Ajenjo.
Contido das sesións:
– Marco normativo en materia de loita contra o fraude: normativa básica de protección dos intereses financeiros; conceptos de irregularidade e fraude; Directiva PIF (2017) e transposición ao Código Penal (2019).
– Medidas antifraude eficaces e proporcionadas, autoevaluación de riscos: medidas de prevención; esquemas de fraude e bandeiras vermellas; obligación de comunicación de irregularidades e sospeitas de fraude.
– Servicio Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA); canal de comunicación de irregularidades e sospeitas de fraude. Directiva de protección ao denunciante (2019).
– Investigacións administrativas do fraude. Responsabilidades derivadas do fraude. Casos prácticos de fraude aos intereses financeiros.
PRESENTACIÓNS:
FERNÁNDEZ AJENJO 2020-Sesión 1. Marco normativo y concepto fraude
FERNÁNDEZ AJENJO 2020-Sesión 2. Medidas y Riesgos
FERNÁNDEZ AJENJO 2020-Sesion 3. SNCA y Denuncias
FERNÁNDEZ AJENJO 2020-Sesión 4. Investigaciones y responsabilidades antifraude
10/11/2020
Xornadas do subgrupo de refuxio da CRUE
O persoal da área educativa da OPI participa nestas xornadas organizadas pola CRUE sobre o acceso das persoas refuxiadas á universidade. Retos, desafíos e respostas. Os temas das xornadas inclúen: refuxio e dereito á educación, intercambio de experiencias e protocolos de recoñecemento nas universidades españolas e no espacio europeo e internacional.
PRESENTACIÓN: Reconocimiento de la Formación de Personas Refugiadas ACNUR Nov 2020
PRESENTACIÓN: Retos, desafíos y respuestas. Protocolos para el reconocimiento de los estudios previos UCM
15/10/2020

XVI Xornadas CRUE de Internacionalización e Cooperación das Universidades Españolas
O persoal da área educativa da OPI participa nestas xornadas organizadas pola CRUE nas que se debaten, entre outros aspectos, as novidades do novo Programa Erasmus 2021-2027 e a estratexia de internacionalización das universidades españolas.
17/09/2020

Seminario: nova convocatoria de proxectos Erasmus+ Covid 19 para o desenvolvemento das competencias dixital e creativa
Para dar resposta ás circunstancias provocadas pola pandemia COVID-19, a Comisión Europea publicou dúas novas convocatorias extraordinarias no marco do programa Erasmus + 2020, destinando preto de 100 millóns de euros a cada unha destas chamadas para responder á pandemia coronavirus (https://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources/coronavirus-impact_en).
Ante esta nova convocatoria de proxectos de asociacións para a educación dixital e para a creatividade, cun orzamento máximo por proposta de 300.000 euros e data límite de presentación o día 29 de outubro, a Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, xunto coa Oficina de Proxectos Internacionais organizan o seminario virtual:Erasmus+ ante a Covid-19: deseño de proxectos para o desenvolvemento das competencias dixital e creativa.
Presentación e benvida: María Isabel Doval Ruiz. Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
Poñente: Eva Garea Oya. Técnica Superior de Relacións Internacionais. Oficina de Proxectos Internacionais. Área de Proxectos Internacionas Educativos.
Día: 15 de setembro do 2020. Hora: 12:00 h-12:45 h
Lugar virtual: https://campusremotouvigo.gal
presentación Seminario CONVOCATORIA ERASMUS+ COVID19
27/11/2019
Presentación da Oficina de Proxectos Internacionais. Formación sobre novas convocatorias europeas de educación 2020
Axenda presentacion OPI e formación en convocatorias europeas
Presentación Eva Garea convocatorias europeas educacion 2020
Ler a nova no DUVI
07/11/2019
Oportunidades de financiamento nos programas Europa Creativa e Europa cos Cidadáns
AXENDA DAS XORNADAS EUROPA CREATIVA
26/09/2019

Encontro de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento
PRESENTACIÓN EVA GAREA: CONVOCATORIAS PÚBLICAS DE PROXECTOS DE COOPERACIÓN
27/03/2019
Seminario sobre a Investigación no ámbito xurídico na RULE
O próximo 27 de marzo ás 12 horas na aula A-209 da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo no campus de Vigo. A duración estimada da actividade será dunha hora.
O seminario impartirase por Ms. Boravin Tann (LL.B. RULE. LL. M University of Lund Sweden) e por Ms. Sophorn Tuy (Finance & Banking Bachelor. LL.M PUC University Cambodia). Ambas son profesoras na Royal University of Law and Economics (Cambodia), e investigadoras adscritas ao Center for the Study of Humanitarian Law da devandita universidade. Durante o seminario presentarán as súas liñas de investigación, centradas en: Transitional justice process in Cambodia eGender equality and Women´s Rights. Ademais farán unha breve presentación dos programas de doutoramento da súa universidade. A actividade está coordinada polos profesores Aday Jiménez Alemán e Pablo Riquelme Vázquez, docentes de Dereito Constitucional na Universidade de Vigo, e se enmarca no Proxecto Dockside, do cal a Universidade de Vigo forma parte. O seminario é de balde e libre acceso para calquera persoa interesada.
18/06/2018
Academy of excellence Western Balkans – UVigo
Entre o 18 e 22 de xuño celebrouse a semana internacional «Academy of excellence Western Balkans – UVigo» na sala I do edificio Miralles