APOIO Á ATRACCIÓN DE TALENTO

Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) é o servizo da Universidade de Vigo (UVigo) encargado de facilitar a participación do persoal investigador en proxectos internacionais financiados por organismos internacionais públicos ou privados.

Na Área de Proxectos de Investigación, traballamos co persoal investigador da UVigo, pero tamén asesoramos a persoas investigadoras interesadas en continuar a súa carreira aquí.

 

Iniciativa da UVigo para a atracción estratéxica de talento internacional – Proxecto UViSITA

 

A OPI-Área de Investigación conta cun proxecto institucional denominado UViSITA, financiado pola Axencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a través da súa convocatoria de 2024 de axudas para a preparación e xestión de proxectos europeos e para facilitar a atracción de talento internacional nas institucións de I+D – modalidade para facilitar a atracción de talento internacional (GPE2024) (referencia do proxecto: GPE2024-001461-T).

 

Este proxecto ten como finalidade reforzar a proxección internacional da UVigo, situándoa como un referente na atracción de talento.

 

O seu período de execución abrangue os anos 2025-2026 e os seus obxectivos principais son os seguintes:

 

Obxectivo 1. Incrementar os retornos de proxectos de ERC e MSCA en Horizonte Europa.
Obxectivo 2. Incrementar a captación de persoal investigador internacional de alto perfil.
Obxectivo 3. Incrementar o número de propostas presentadas en ERC e en MSCA PF.
Obxectivo 4. Incrementar a taxa de éxito das propostas presentadas en ERC e en MSCA PF.

 

Como podemos axudarche?

Asesorándote na preparación da túa proposta MSCA PF para vir á UVigo

Orientándote na preparación do teu proxecto ERC para desenvolvelo aquí (ou para traelo se xa tes un!)

Axudándoche a atopar o centro, instituto ou grupo no que poder continuar a túa investigación con éxito

Centros de investigación

CIM Centro de Investigación Mariña

AtlanTTic Research Centre for Telecommunication Technologies

CINBIO Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina

CINTECX Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais

Centros de investigación universitarios

ECOBAS Economics and Business Administration for Society

 CISPAC Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais 

Institutos

IFCAE Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais

IXEX Instituto Universitario de Xustiza e Xénero

 IAA Instituto de Agroecoloxía e Alimentación

Ademais, a través das axudas do Plan Estatal, as da Xunta, as de GAIN e as propias da UVigo, podes encontrar outras formas de subvencionar a túa contratación ou de consolidarte unha vez rematado o teu proxecto.

ERC CONSOLIDATOR GRANTS (ERC-2026-COG)

ERC SYNERGY GRANTS (ERC-2026-SYG)

MSCA Postdoctoral Fellowships 2025
MSCA PF Handbook 2024
Prazo previsto de peche: 10/09/2025

Seal of excellence é un prestixioso respaldo deseñado para apoiar a destacados solicitantes das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA) cuxas propostas mostran un potencial excepcional pero que non poden ser financiadas co presuposto actual da CE.

O Selo de Excelencia concédeselle actualmente ás propostas presentadas ademáis nas seguintes convocatorias:

  • EIC Accelerator
  • EIC Transition
  • MSCA COFUND
  • Teaming
  • Misión de Horizonte Europa sobre
  • Adaptación ao Cambio Climático
  • Probas de concepto do ERC (ERC Proof of Concept)

Xornada informativa Atraer talento global á UVIGO: o papel de supervisor/a en MSCA PF 2025(19/06/2025) Universidade de VIGO  
 Gravacións
Evento enmarcado nas actividades do proxecto GPE2024-001461-T, financiado por MICIU/AEI/10.13039/501100011033