
A UVigo participa na reunión de lanzamento do proxecto europeo INTERREG Atlantic Area A.W.A.V.E.S.
Esta semana tivo lugar en Pontevedra a reunión de lanzamento do proxecto europeo A.W.A.V.E.S. (Atlantic Waves for Advancing Visionary, Equitable and Sustainable Tourism and Heritage) financiado polo programa Interreg Atlantic Area. O encontro contou coa representación da Universidade de Vigo e reuniu a socios de Francia, Irlanda, Portugal e España co obxectivo de iniciar unha iniciativa orientada a preservar, valorizar







