Avaliación espacial do cambio climático recente na República de Cabo Verde: bases para a adaptación

Referencia: PR815A-2021-00000014

Convocatoria: Subvencións para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030

Duración: 1 de xullo de 2021 ata o 30 de abril de 2023

Orzamento total: 30.000 €

Descripción

O obxectivo xeral e xerar un coñecemento científico do cambio climático recente na República de Cabo Verde, coma base para o desenvolvemento de políticas públicas orientadas á adaptación. Os países en desenvolvemento son os máis vulnerables aos impactos do cambio climático pola falta de recursos sociais, tecnolóxicos e financeiros. As políticas de acción fronte ao cambio climático son unha prioridade na Axenda 2030 das Nacións Unidas, e neste contexto a adaptación ao cambio climático unha necesidade de primeira orde, en especial para os países en vías de desenvolvemento. A carencia de estratexias e plans de adaptación pode por en perigo o progreso económico e social. Pola súa situación latitudinal, e diferencias en altitude e exposición aos fluxos atmosféricos (barlovento/sotavento), o arquipélago de Cabo Verde mostra unha heteroxeneidade climática de especial interese e, polo tanto a vulnerabilidade ante o cambio climático presentará unha heteroxeneidade espacial. A adaptación ao cambio climático precisa primeiramente dunha investigación aplicada para xerar un coñecemento espacialmente explícito. O propósito é realizar unha avaliación cuantitativa dos riscos do cambio climático, con particular énfase nos fenómenos meteorolóxicos extremos (temperatura, precipitación, secas entre outros), analizar súa variabilidade espazo-temporal e tendencias. Determinarase os indicadores de cambio climático e os principais riscos definidos pola vulnerabilidade territorial mediante métodos multicriterio e cartografía de alta resolución espacial, co propósito de xerar as bases necesarias para o seguimento do cambio climático no arquipélago.