7 novas axudas FECYT 2024

Sete novas axudas da FECYT permítenlle a UVigo seguir impulsando as actividades que achegan a ciencia á cidadanía.

Poranse en marcha novas iniciativas e continuarán outras como Ciencia de ida e volta ou CinVigo.
A Universidade de Vigo acaba de conseguir financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades-, FECYT, para desenvolver sete proxectos no marco da convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación. A axuda alcanzada supera nesta ocasión os 200.000 euros, 50.000 euros máis que na anterior edición, cando a institución académica viguesa xa conseguira bater o seu propio récord coa consecución de sete axudas por un importe de 150.000 euros. Son os mellores datos acadados pola UVigo nesta convocatoria, unha das poucas que existen, tanto a nivel nacional como internacional, específicas para divulgación e, derivado disto, tamén unha das máis competitivas.

Máis información no DUVI