A Cátedra Jean Monnet “Institucións Europeas e Cidadáns: Adaptar a Unión Europea aos desafíos da Dixitalización” (EICAEUD) convida a estudantes universitarios e investigadores mozos a participar na segunda edición do Obradoiro sobre a Unión Europea da era dixital: unha alternativa para os investigadores mozos.
Detalles do obradoiro
Modalidade: Virtual síncrona desde o Campus Remoto da UVigo (Salón de Actos da Facultade de Dirección e Xestión Pública) https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/925276772
Data: Martes 18 de xuño de 2024
Horario: 16:30 a 19:30h.
Destinatarios
Estudantes universitarios e interesados en xeral
Obxectivos do Curso
Estimular a investigación en xeral. Presentar posibles obxectos de estudo e investigación vinculados á UE por parte daqueles estudantes de grao, máster ou doutoramento.
A sesión será dirixida polo Prof. Celso Cancela Outeda, titular da Cátedra EICAEUD. Os participantes recibirán orientación directa na elaboración dunha tarefa de investigación, permitíndolles aplicar os coñecementos adquiridos e desenvolver as súas habilidades investigadoras.
Contidos
- Achegamento xeral á UE (introdución á Unión Europea e a súa estructura).
- De que se ocupa a UE? Posibles campos de investigación (exploración dos temas variados que abarca a UE e posibles áreas de estudo).
- Fontes de información sobre a UE (recursos e ferramentas para a investigación sobre a UE).
- Estudantes e investigadores en contacto directo coa UE: bolsas e axudas (oportunidades de financiamiento e programas de apoio para investigadores novos).
Diploma de participación (3h): os participantes que asistan ao 80% das sesións recibirán un certificado de asistencia que avala a súa participación e compromiso co curso.
Criterios de Selección:
A inscrición realizarase por orde de inscrición en Bubela.