EICAEUD. III Seminario sobre Dixitalización, servizos públicos e Unión Europea

Baixo a Cátedra Jean Monnet EICAEUD, celebrarase o III Seminario: “Dixitalización, servizos públicos e Unión Europea” do 11 ao 14 de novembro de 2024. Este seminario levarase a cabo en formato en liña síncrono, de 16:00 a 18:30 horas.

A dixitalización representa un cambio fundamental na maneira en que as administracións públicas xestionan os seus servizos, buscando mellorar a accesibilidade, eficacia e sustentabilidade. Durante este seminario, abordaranse temas clave como:

A dixitalización desde as perspectivas política, económica e social.
As políticas públicas no ámbito dixital, cun enfoque nas iniciativas da Unión Europea, do Estado español e da comunidade autónoma de Galicia.
Un caso práctico sobre políticas sociais e dixitalización, centrado na inclusión social na era dixital.

Información adicional e rexistro

Aula: Campus Remoto da UVigo
Acceso: Ligazón ao seminario (Contrasinal para estudantes: 6uTYsN3K)
Inscripción: Formulario de inscrición

Este seminario gratuito está dirixido a estudantes universitarios, empregados públicos e persoas interesadas na materia de dixitalización dos servizos públicos. Ofrécese un diploma de participación (10 horas) a quen asista ao 80% das sesións e entreguen unha tarefa titorizada.

Programa formativo