EICAEUD. Obradoiro virtual gratuíto sobre Elaboración e xestión de proxectos financiados pola UE no contexto dixital (2ª edición)

A Universidade de Vigo acolle a segunda edición do obradoiro “Elaboración e xestión de proxectos financiados pola UE non contexto dixital” organizado polo Profesor Celso Cancela Outeda no marco da Cátedra Jean Monnet European Institutions and Citizens: Adapting the EU to the Digitalisation Challenges (EICAEUD). O obxectivo principal desta actividade formativa é introducir aos participantes na elaboración e xestión de proxectos orientados ao desenvolvemento socioeconómico e financiados pola Unión Europea.

Detalles do obradoiro:
Modalidade: Virtual síncrona
Duración: 5 horas
Data: Martes 9 e xoves 11 de abril de 2024
Horario: 16:00 a 18:30 horas

Destinatarios/as:
Deseñado para estudantes universitarios de diversas disciplinas (dirección e xestión pública, dereito, economía, ADE etc.), empregados públicos e calquera persoa interesada en xeral.

Obxectivos:
Iniciar aos participantes na elaboración e xestión de proxectos no marco de convocatorias promovidas pola Unión Europea.

Criterios de Selección:
A inscrición realizarase por orde de inscrición en Bubela.

Programa e Contidos:
1. Introdución: Unión Europea e políticas públicas.
2. Aspectos básicos da elaboración e xestión de proxectos europeos. As plataformas dixitais.
3. Pasos crave para a formulación de proxectos na contorna dixital.
4. Como elaborar e presentar unha proposta europea.
5. Consideracións finais: recomendacións e consellos.

Para máis información e para inscribirse, visita a plataforma Bubela.