G-BOOK 2. A Universidade de Vigo adéntrase na perspectiva de xénero

Entre os meses de novembro e abril realizáronse unha serie de actividades presenciais en Gondormar, no marco do proxecto “G-BOOK2: European Teens as Readers and Creators in Gender-positive Narratives”, coordinado na Universidade de Vigo, pola profesora Veljka Ruzicka Kenfel.

Este proxecto cofinanciado polo programa Europa Creativa da Unión Europea e liderado pola Universidade de Bologna (Italia) tamén conta coa participación da Universidade de Vigo e doutros paises: Italia, Irlanda, Francia, Eslovenia e Bulgaria.

As actividades realizadas nestes 5 meses forman parte dun plan cuxo obxectivo principal é elaborar para estudantes de entre 11 e 14 anos unha bibliografía de libros que xiren ao redor de valores como a igualdade de raza, relixión ou xénero e a diversidade. Nesta primeira sesión en novembro introduciuse o tema a un grupo de participantes xoves entre 11 e 14 anos, a idade obxectiva do proxecto, que tamén participarán nas vindeiras xornadas.

No mes de decembro, o primeiro obradoiro contou coa explicación da actriz e escritora Paula Carballeira sobre escritura creativa e as súas técnicas. En xaneiro, Carballeira axudou aos estudantes a estruturar e escribir unha serie de relatos non discriminatorios pondo en práctica os coñecementos aprendidos no anterior obradoiro. Unha vez escritos estes relatos, o último día de actividades realizouse unha entrega de premios ao mellor relato acompañado dunha tradución en outros idiomas no conto gañador.

A participación dos estudantes no proxecto a través destas actividades é unha forma de por en práctica a teoría de igualdade de xénero que establece o proxecto “G-BOOK 2: European Teens as Readers and Creators in Gender-positive Narratives” cuxo principal obxectivo é apoiar a creación e por en circulación unha maior cantidade de literatura xuvenil non discriminatoria aberta a unha representación positiva e variada do mundo no que viven.

English version