O pasado 31 de maio comezou o sexto e último encontro do proxecto GREEN S.E.E.D.S. en Bosco Chiesanuova (Italia). Ángeles Parrilla como coordinadora do proxecto e en nome do grupo CIES da Universidade de Vigo viaxou ata aló para reunirse cos membros internacionais procedentes de Italia, Croacia, Chipre e Grecia.
No ámbito do Erasmus+ Programme, o proxecto de colaboración “Synergy and Environment to Empower Decentralised Schools” busca acabar co illamento xeográfico de pequenas escolas en pobos, illas ou montañas e evitar a falta de cultura entre a poboación máis nova. O obxectivo principal decantase por eliminar o risco de illamento das escolas rurais nos países involucrados a través do traballo conxunto entre o profesorado e o alumnado coa axuda de métodos de ensinanza innovadores como as novas tecnoloxías.
Esta ultima reunión forma parte do plan de comunicación mensual e presencial en cada unha das sedes participantes. Nela, os socios debateron sobre o proxecto de forma xeral e os puntos de vista de cada participante e discutiron os métodos de ensinanza en liña aplicados e as actividades desenvolvidas nas escolas e os resultados acadados. Deste modo, acordaron una serie de futuras accións para mellorar e ampliar os resultados.


Ademais, Bosco Chiesanuova, como cidade anfitrioa, invitou o resto de participantes a coñecer a cultural local e gastronómica e incidiu na importancia de protexer o medio ambiente nas zonas rurais.
Pódese atopar información máis detallada sobre este proxecto na: