GREENDEAL+A+I. Curso O Pacto Verde Europeo. Análise e perspectivas

A Universidade de Vigo convértese no epicentro dunha análise intensiva co Módulo Jean Monnet: GREENDEAL+A+I, unha experiencia enriquecedora que explorará a fondo o Pacto Verde Europeo.

O Pacto Verde Europeo, adoptado en 2019, representa unha estratexia ambiciosa para transformar a Unión Europea nunha sociedade xusta, próspera e sostible. Busca unha economía eficiente no uso dos recursos, sen emisións netas de gases de efecto invernadoiro para 2050 e un crecemento económico desvinculado do esgotamento dos recursos. Ademais, ten como obxectivo protexer, conservar e mellorar o capital natural da UE, así como salvagardar a saúde e o benestar dos seus cidadáns fronte aos riscos ambientais.

O módulo, coordinado pola profesora Laura Movilla Pateiro, doutora en Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais pola Universidade de Vigo, ten como obxectivo dar a coñecer e fomentar o debate sobre a política e o dereito ambiental da Unión Europea no marco do Pacto Verde Europeo, como así como as súas estratexias temáticas.

Destinatarios:

  • Estudantes da Universidade de Vigo, con especial interese para os que cursan Dereito, Relacións Internacionais e Ciencias Ambientais.Profesionais do ámbito xurídico e ambiental.
  • Profesionais do ámbito xurídico e ambiental.
  • Público xeral interesado en cuestións ambientais e no Pacto Verde Europeo.

Coordinación:

  • Laura Movilla Pateiro, profesora contratada doutora en Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais na UVigo.Profesionais do ámbito xurídico e ambiental.

Inscricións:

Certificado de asistencia e participación:

  • Expediráselles aos participantes que asistan e participen en polo menos sete das dez sesións do módulo.
  • O curso será recoñecido con 1,3 créditos ECTS para estudantes de grao da Universidade de Vigo.

Consultas e información:
Para consultas e máis información pódese escribir a lauramovilla@uvigo.gal

Este módulo ofrece unha valiosa oportunidade para mergullarse en aspectos clave do Pacto Verde Europeo e contribuír ao diálogo sobre a sustentabilidade e o dereito ambiental na Unión Europea.

Programa do evento

Consultas e información: