I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro estivo organizado polo GdT de Mobilidade Internacional e ten como fin de ser un punto de encontro para tódalas persoas investigadoras no estranxeiro, con tres obxectivos: tecer rede, visibilizar as nosas investigacións e non perder o contacto con Galicia e o que se está a facer alí.
A Axencia Galega de Innovación participou no I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro, organizado conxuntamente con InvestiGal – Rede Galega pola Investigación en Bruxelas.
Durante o evento #FIGaE_2024, presentou as oportunidades de retorno do #talento científico da Xunta de Galicia e doutros actores do ecosistema galego de I+D+i, como o Programa #Oportunius, que ofrece condicións atractivas que permiten atraer e reter talento investigador de primeiro nivel
Ao evento tamén asistiron representantes da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo, que presentaron os seus programas de atracción de talento investigador