Proxecto IBEROS+ (POCTEP): Instituto de Biofabricación en Rede para o Envellecemento Saudable

Cun orzamento de preto de 2,2 millóns de euros e co obxectivo de dar resposta aos desafíos sociosanitarios asociados ao envellecemento da poboación na eurorrexión Galicia-norte de Portugal e na Unión Europea en xeral, este mércores presentouse en sociedade o Instituto de Biofabricación en Rede para o Envellecemento Saudable (Iberos+). Este proxecto é un dos tres liderados pola Universidade de Vigo que foron seleccionados na convocatoria do programa POCTEP, iniciativa de cooperación transfronteiriza dentro do Interreg VI España-Portugal.

Leer a nova completa no DUVI