iREEDER. VI Reunión do consorcio e Xornada de difusión en Karak, Xordania

No marco do obxectivo principal do proxecto iREEDER, que é mellorar a capacidade da educación superior utilizando tecnoloxía de vangarda e formando ao persoal na mellora da calidade das materias, os pasados días 3, 4 e 5 de outubro celebrouse unha reunión do consorcio e unha xornada de difusión do proxecto en Karak, Xordania, na Mu’tah University.

Nestas xornadas participaron o investigador e profesor da Universidade de Vigo, Felipe Gil Castiñeira e o investigador de I+D da UVigo, René Lastra Cid; igualmente contaron coa asistencia e coa participación do anfitrión Ziyad Altarawneh, da Mu’tah University, o coordinador do proxecto Saud Althunibat, da Al-Hussein Bin Talal University, os cales abriron as xornadas o día 3 cunha mensaxe de benvida; Moath Alsafasfeh e Abdullah Alhasanat, ámbolos dous da Al-Hussein Bin Talal University, os cales encargáronse dos obradoiros de formación para estudantes asociados e para as comunidades locais. Pola súa parte, o coordinador do proxecto Saud Althunibat (AHU), xestionou o debate sobre o terceiro informe de seguimento dos comentarios do avaliador externo; e, a continuación o propio Saud Althunibat, xunto con Bassan Abu Karaki e Firas Almaani (os dous tamén da Al-Hussein Bin Talal University) coordinaron a reunión dos contables do proxecto xunto co coordinador do proxecto e o director financeiro.

Xa no día 4 de outubro, o líder do Work Package 5, Jonathan Rodriguez Gonzalez, do Instituto de Telecomunicações de Aveiro, abriu a sesión falando acerca dos módulos de e-learning e dos proxectos de gradación iREEDER, incluídos no WP5; a continuación Ziyad Altarawneh (MU) expuxo o progreso do WP6; Saud Althunibat e Moath Alsafasfeh (AHU) e Felipe Gil Castiñeira, da Universidade de Vigo, fixeron o propio cos Work Packages 7 e 4, respectivamente. Para rematar a reunión do consorcio, Bassam Abu Karaki, Firas Almaani e Saud Althunibat (AHU) presentaron o resumo do orzamento e as accións requiridas e Ziyad Altarawneh (MU) encargouse da sesión de clausura da VI Reunión do Consorcio.

Por outra parte, o día 5 de outubro, levouse a cabo unha xornada de difusión do proxecto iREEDER, a cal inaugurárona os profesores Mohammad Sarayreh e Arafat Awajan da Mu’tah University e o Dr. Saud Althunibat (AHU) , o cal fixo un resumo do proxecto. A continuación, o profesor Mohammed Bani Younis, da Philadelphia University, e o Doutor Marios Raspopoulos, da University of Central Lancashire Cyprus, encargáronse das mensaxes dos socios.

O resto da xornada dividiuse en tres bloques: Enerxías Renovables, Internet das Cousas e Ciberseguridade.

A primeira sesión contou coas exposicións do profesor Andreas Kazantzidis, da University of Patras, cunha visión xeral do curso iREEDER e unha introducción ás enerxías renovables; a do Doutor Ziyad Almajali (MU) acerca do laboratorio de Enerxías Renovables na súa Universidade; a seguinte exposición foi a cargo do Doutor Ahmad Salah (da Al-Hussein Bin Talal University) expoñendo o mercado das enerxías renovables en Xordania; e a última exposición deste bloque dirixiuna o Doutor Eyad Maitah (da Tafila Technical University), cunha presentación das competencias necesarias nos novos enxeñeiros para o sector das enerxías renovables.

Na segunda sesión, sobre o Internet das Cousas, fixéronse catro presentacións diferentes. A primeira delas, a cargo do Doutor Marios Raspopoulos, versou sobre a introdución ao Internet das Cousas; a segunda presentación foi sobre o Laboratorio do Internet das Cousas da AHU, levada a cabo polo Doutor Moath Alsafasfeh; a seguinte presentación foi exposta polo Prof. Ahmad Aljaafreh (TTU), e trataba acerca do mercado do internet das cousas en Xordania; e, para rematar a sesión, fíxose unha exposición sobre as habilidades requiridas nos novos enxeñeiros para o sector da Internet das Cousas .

Na última sesión da xornada, acerca de Ciberseguridade, puidémonos encontrar cunha introdución á Ciberseguridade a cargo do Dr. Felipe Gil Castiñeira; unha presentación sobre o Laboratorio de Ciberseguridade da Tafila Technical University, exposta polo Dr. Zeyad Aloudat (TTU); a seguinte presentación, do Dr. Bilal Alqudah (AHU), versou sobre o acceso remoto ao laboratorio de ciberseguridad; e, por último e para finalizar a xornada de difusión do proxecto iREEDER, o Dr. Hassan Alrefai (da Philadelphia University) presentou o mercado da Ciberseguridade en Xordania.

English version