Este encontro anual, organizado por GAIN ( Axencia Galega de Innovación), que pertence a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, serve para coñecer o posicionamento de Galicia e España na captación de axudas do ERC, así como para escoitar a testemuña de investigadores que reciben ou están a piques de acceder a estas axudas.
Oportunius é un programa da Xunta de Galicia que ofrece oportunidades para desenvolver unha carreira científica de excelencia en Galicia, complementando as axudas do European Research Council (ERC) e reforzando as opcións de acceso a elas.

A inauguración da xornada na Cidade da Cultura estivo a cargo de Carmen Cotelo, directora de la Axencia Galega de Innovación e o público puido escoitar as perspectivas dalgúns dos investigadores gañadores e finalistas destas prestixiosas axudas outorgadas polo Consello Europeo de Investigación.
A conferencia realizada pola Directora Xeral da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), Izaskun Lacunza, salientou os instrumentos de apoio á carrera científica, mentres que, a mesa redonda na que participaron Francisco Vilaplana, Responsable de relacións institucionais e expresidente da Red de Asociaciones de Científicos en el Exterior (RAICEX), Joaquín Capablo, Vicepresidente da Marie Curie Alumni Association (MCAA) e Promotor de proxectos europeos en Campus Iberus e Beatriz Pelaz, Académica de número da Academia Joven de España, AJdE, tratou sobre a atracción e retorno de talento a Galicia.
O encontro permitió coñecer:
– O posicionamento de Galicia e España na captación de axudas do ERC.
– A experiencia de investigadores e investigadoras que xa accederon ou están en vías de acceder a axudas ERC grazas ao apoio do programa Oportunius, o que permitirá tamén avaliar o impacto deste programa no Sistema de Innovación de Galicia.
– Novos instrumentos de apoio á carreira científica e novas fórmulas de xeración de impacto dende a ciencia.
– A perspectiva das asociacións de científicos e científicas sobre a atracción e o retorno de talento
Por parte da UVIGO intervino Elena Ojea Investigadora Oportunius adscrita ao Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo. Investigadora Principal da Starting Grant: CLOCK “Climate adaptation to shifting stocks” (ERC-2015-StG).

Dúas técnicas da OPI asistiron por invitación ó evento en Santiago.