JEATRIBUTARIO. As relacións entre a Administración Tributaria e os contribuíntes nunha contorna dixital

No marco do proxecto Jean Monnet “Jeatributario” a Universidade de Vigo acolleu o pasado mes de Xuño o curso formativo “As relacións entre a Administración Tributaria e vos contribuíntes nunha contorna dixital” co obxectivo principal de divulgar cales son as potestades das que goza a Administración tributaria nun contexto caracterizado pola crecente dixitalización e, doutra banda, cales son as garantías que asisten os contribuíntes.

Organizado pola área de Dereito financeiro e tributario da UVigo presentou o curso o Prof. Dr. Luís Miguel Muleiro Prada, coordinador xeral do proxecto e a Profª. Draª. Mónica García Fritiría, coordinadora da actividade formativa, ambos da UVigo.

Este curso de verán estivo dirixido non só aos estudantes universitarios ou alumnos de Doutoramento cuxas titulacións abordasen temas específicos da Unión Europea, e máis concretamente relacionados co Dereito Financeiro e Tributario (Dereito, Dirección e Xestión Pública, Ciencias Políticas e da Administración, Ciencias Económicas, etc.), senón tamén a funcionarios públicos e a profesionais cuxa actividade estea directa ou indirectamente relacionada coas consecuencias xurídicas da dixitalización do sector público e, en particular, da Administración tributaria.

Con gran éxito de participación, as persoas asistentes ao evento recibiron un diploma acreditativo de participación ás sesións formativas.

Folleto informativo

Programa segunda actividade