JEATRIBUTARIO Módulo Jean Monnet. Curso de Verán

No marco do Módulo Jean Monnet “A cooperación entre administracións tributarias na contorna dixital da UE” (JEATRIBUTARIO), terá lugar o Curso de verán “Os Recursos das Administracións Tributarias da Unión Europea na Loita contra a Fraude Fiscal”. Este curso ofrece a oportunidade de explorar en profundidade os instrumentos normativos e as estratexias que utiliza a Unión Europea para afrontar os retos da dixitalización e da globalización económica.

Detalles do curso
Data: 14, 17, 18, 19 e 20 de xuño de 2024 (20 hs en modalidade mixta)
Horario: 16:30 a 19:30 h.

Campus remoto: Acceso a través do Campus Remoto
Modalidade Presencial (Campuses da UVigo)
Campus de Vigo: Salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Campus de Ourense: Sala de Videoconferencia da Facultade de Dereito
Campus de Pontevedra: Sala de reunións 2 da Facultade de Dirección e Xestión Pública
As persoas interesadas en asistir á actividade formativa poderán acudir a calquera das aulas dispoñibles

Obxectivos
O Módulo Jean Monnet ten como obxectivo fundamental difundir os instrumentos normativos cos que a Unión Europea afronta a nova realidade da dixitalización das actividades económicas e da globalización, tanto respecto de persoas físicas como xurídicas. En particular, este curso de verán ofrecerá unha análise dos diversos recursos e ferramentas ao dispor das administracións tributarias na súa loita contra a fraude fiscal. Examinaranse con detalle as estratexias innovadoras, tecnoloxías emerxentes e marcos legais aplicables, brindando aos participantes unha comprensión completa das medidas implementadas para garantir a integridade e a equidade no sistema tributario da Unión Europea.

Información e Inscrición
Este curso de verán está dirixido ao alumnado do ámbito xurídico-social, ao funcionariado da administración tributaria estatal, autonómica e local, e a profesionais cuxa actividade estea directa ou indirectamente relacionada coas consecuencias xurídicas do emprego dos recursos das administracións tributarias na loita contra a fraude fiscal.

A inscrición é gratuita e realizarase enviando unha mensaxe, antes das 23.59 horas do día 12 de xuño de 2024, ao enderezo electrónico monnet.tributario@uvigo.es cos seguintes datos: a) Nome, apelidos e DNI dá persoa solicitante. b) Teléfono de contacto e enderezo electrónico. c) Titulación universitaria (en curso ou xa concluída). d) Indicación da aula e Facultade á que se asistirá de forma presencial, para o alumnado da Universidade de Vigo. O alumnado externo pode asistir telemáticamente. e) No seu caso, profesión ou ocupación actual. Admitiranse inscricións por orde de entrada ata completar o aforo de cada unha das aulas nas que se imparte a docencia.

Entregarase un diploma acreditativo (20 hs.) a aqueles participantes que asistan ao 80% das sesións e participen nas actividades docentes ou talleres. Este evento terá un recoñecemento de créditos ECTS.

Programa Formativo
Para máis información, visite a web do proxecto ou segue nas súas redes sociais:

Jean Monnet Tributario Vigo
@monnettributario
módulo Jean Monnet Tributario Vigo
@monnettributariovigo