JUSTISIGNS2. Primeira reunión presencial: “Un manual pioneiro para formar intérpretes para vítimas de violencia”

A Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo acolleu o pasado 10 de outubro o primeiro encontro presencial do proxecto Erasmus KA2 JUSTISIGNS2 “Empowering Victims of Gender-Based Violence through FP for Multiagency Actors”, un proxecto de investigación no que participan dende a ano 2019 Institucións irlandesas, británicas, belgas xunto coa Universidade de Vigo que informou de todas as investigacións previstas e actuacións previstas como parte socia do consorcio.

Superadas as limitacións e modificacións que a pandemia introduxo no traballo do persoal investigador e no dos profesionais que participaron nela, o proxecto foi financiado con preto de 400.000 euros polo programa Erasmus+, “evidenciou”, mediante a realización dun cuestionario a 374 intérpretes e axentes, “a necesidade de desenvolver accións formativas dirixidas a mellorar o traballo destes dous colectivos que se ocupan do traballo de atención ás vítimas de violencia de xénero xordas ou que non falan as linguas máis habituais da contorna dos países participantes no proxecto”, sinalaron as investigadoras da UVigo Maribel del Pozo, Maruxa Cabeza, David Neira, Silvia Pérez e Beatriz Longa.

A UVigo, ademais de desempeñar un papel decisivo na elaboración do cuestionario e na obtención de datos que permitan avaliar a situación na que se desenvolve o labor de mediación comunicativa coas vítimas, tamén foi a encargada de liderar a elaboración dun manual dirixido a todos os profesionais implicados no proceso: forzas de seguridade, avogacía, xudicial, persoal sanitario, intérpretes de lingua de signos e lingua oral… O manual aborda aspectos xerais da violencia de xénero, a contextualización xurídica da asistencia e os dereitos das vítimas, e unidades de formación específicas cun enfoque práctico e “en base á información da que dispoñemos, é un manual que suporá unha novidade dentro do UE e no mundo, polo seu enfoque e porque se basea nun estudo específico das necesidades de formación de axentes e intérpretes a partir de datos de primeira man en tres contextos xeográficos diferentes”

Ler a nova completa