MeetYourForest. O Proxecto comeza a súa iniciativa polo medioambiente en Salceda de Caselas

O venres 27 e o sábado 28 de maio tivo lugar en Salceda de Caselas, Galicia, a reunión inaugural do proxecto Erasmus+ KA2 “MeetYourForest” no que participaron activamente todas as entidades involucradas.

MeetYourForest está liderado polo Concello de Salceda de Caselas (Pontevedra). Na súa reunión de lanzamento, a Universidade de Vigo, como socio do mesmo, contou coa presenza de varios membros da súa Escola de Enxeñería Industrial implicados no proxecto: María Ángeles Cancela Carral, subdirectora da Escola de Enxeñeiros Industriais e Juan Picos Martín, profesor de enxeñería.

Entre os socios colaboradores atópanse as portuguesas Association for Environment Protection (ASPEA) e a consultora en servizos tecnolóxicos ATIN e dúas universidades nórdicas, HAMK Häme University of Applied Sciences, desde Finlandia, e a University College of Green Development, en Noruega.

Dentro do ámbito do programa Erasmus+, acción Asociacións de cooperación na educación de adultos (KA220-ADU), o proxecto chamado “New uses and innovative management of forest” busca demostrar a importancia dos bosques, a súa utilidade, coidado e xestión. Asi mesmo, na reunión acordouse a adición da agricultura como parte fundamental do novo plan.

Nesta primeira reunión, os socios colaboradores organizaron unha serie de eventos: seminarios e actividades formativas, a creación dun Manual sobre xestión forestal e boas prácticas ademais dunha plataforma educativa en liña co obxetivo de divulgar os coñecementos acadados a través da formación e investigación continua. O plan de difusión do proxecto procura concienciar á sociedade sobre os bosques como fonte primaria de recursos económicos, turístico ou de servicio, o seu potencial innovador e os seus beneficios.

Dada a natureza introdutoria deste encontro, os acordos achegados e os prazos impostos, os socios reuniranse de novo en Noruega e Portugal para acadar unha conclusión definitiva en 2023.

English version