JEATRIBUTARIO Módulo Jean Monnet. Conferencia de Clausura

Dentro do ciclo de actividades organizadas no marco do Módulo Jean Monnet “A cooperación entre administracións tributarias na contorna dixital da UE (JEATRIB), celebrase a Conferencia de clausura “Harmonización lexislativa procedimental no ámbito da UE, cooperación administrativa e dereitos dos contribuíntes” marcando un fito importante na traxectoria deste módulo.

Imparte a conferencia o Dr. Roberto Ignacio Fernández López, profesor da UVigo e destacado experto en temas tributarios que discutirá a importancia dunha harmonización lexislativa procedemental que facilite a colaboración administrativa e protexa os dereitos dos contribuíntes nun contexto dixital e transnacional. Dirixe o Dr. Luis Muleiro Parada, profesor titular de dereito finaceiro e coordinador xeral do módulo.

Este evento pecha un período cheo de actividades formativas de gran utilidade para a comunidade universitaria e o público xeral, deixando unha pegada significativa no ámbito da cooperación tributaria dixital na UE. A relevancia do seu contido, o cálido recibimento por parte do público e a destacada presenza de expertos relatores son os ingredientes crave do seu éxito.

Detalles do evento
Data: 21 de xuño de 2024
Hora: 17:00 horas

Modalidade Presencial (Campuses da UVigo)
Campus de Vigo: Salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Campus de Ourense: Sala de Videoconferencia da Facultade de Dereito
Campus de Pontevedra: Sala de reunións 2 da Facultade de Dirección e Xestión Pública

Campus Remoto: Acceso a través do Campus Remoto
Contrasinal de acceso para o alumnado: Dz4cuXP4

Obxectivos
Analizar e discutir a harmonización lexislativa procedemental no ámbito da Unión Europea, cun enfoque particular na cooperación administrativa entre os Estados membros e a protección dos dereitos dos contribuíntes. Búscase proporcionar unha comprensión profunda dos desafíos e oportunidades asociados coa creación dun marco lexislativo coherente que facilite a colaboración transnacional e garanta a equidade e eficiencia no tratamento dos contribuíntes dentro do contexto dixital da UE.

Inscrición
A inscrición é gratuita e debe realizarse previamente enviando nome, apelidos e NIF ao enderezo electrónico: monnet.tributario@uvigo.es. Entregarase un certificado acreditativo de asistencia.


Programa da xornada
Máis información: Para mais detalles sobre este evento, visite a páxina web do proxecto