Noite Europea dos Investigadores 2024

Coordinada pola UVigo, a G-Night volveu achegar o labor científico e tecnolóxico á cidadanía.

Máis dun cento de actividades de divulgación científica e tecnolóxica celebradas co gallo da Noite Galega das Persoas Investigadoras nas rúas, parques, bares e museos de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Lugo. Coordinada pola Universidade de Vigo, a G-Night volveu sacar hoxe a ciencia dos laboratorios e das aulas achegándoa a nenas e nenos e persoas adultas que, baixo o lema Conciencias creativas, sumáronse nas principais cidades galegas á Noite Europea das Persoas Investigadoras, un proxecto de divulgación científica promovido pola Comisión Europea, que se desenvolve simultaneamente en case 400 cidades europeas dende 2005. 

Conciencias creativas é o lema baixo o que se celebrará o evento, asociado á Noite Europea das Persoas Investigadoras, un proxecto de divulgación científica promovido pola Comisión Europea dentro das accións Marie Skłodowska-Curie do programa Horizonte Europa. A Noite Galega das Persoas Investigadoras conta para a súa celebración con recursos propios das entidades que integran o consorcio e co apoio da Xunta de Galicia.

Técnicas da OPI sumáronse a esta iniciativa en Vigo apoiando a organización do evento no edificio Redeiras que acolleu os actos da G-Night en Vigo con gran éxito de público, especialmente infantil