O CIM renova o seu compromiso coa infraestrutura europea de investigación mariña EMBRC

É un elemento fundamental na estratexia de proxección internacional do centro. Grazas á pertenza a esta rede, acadáronse 11 proxectos europeos cun financiamento de 1,7 m€

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM), a través da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat), forma parte desde 2018 do Centro Europeo de Recursos Biolóxicos Mariños (European Marine Biological Resource Centre-EMBRC), unha rede de infraestruturas de investigación pan-europea que ten como obxectivo poñer a disposición da comunidade científica internacional e das entidades da economía azul o acceso aos recursos biolóxicos e ecosistemas mariños de Europa. Co respaldo do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, o centro vigués acaba de renovar o seu compromiso con esta infraestrutura por cinco anos, o que lle permitirá continuar reforzando a súa estratexia de internacionalización.

Máis información