O Proxecto europeo Erasmus+ WE’RE IN Women in Action lanza o seu Programa de Formación en Emprendemento

O Programa de Formación en Emprendemento dirixido a mulleres, que organiza a CEO xunto coa Universidade de Vigo no marco do proxecto WE´RE IN Women in Action, coordinado na UVigo pola Prof. Elena Rivo, está dirixido a mulleres que teñen un proxecto de creación de empresa e/ou mulleres xa empresarias (con menos de tres anos de actividade) procedentes de catro países: Francia, España, Bélxica e Alemaña. Un plan que está financiado desde o Programa Eramus+ da Unión Europea e desenvolverase 100% en liña a través da plataforma Zoom desde o 25 de novembro ao 18 de decembro, en sesións de tarde de 4 horas, cun total de 30 horas de formación. O obxectivo fundamental do programa é proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de Negocio/Mellora. Desenvólvese un programa de asesoramento práctico e individualizado para o colectivo de emprendedoras e empresarias, que lles permite coñecer a súa verdadeira situación e poder actuar en consecuencia sobre a base dos elementos obxectivos do Plan Estratéxico que cada unha terá á finalización do mismo.

Mais información sobre o programa, contidos formativos, horarios e datas en:
http://mailing.ceo.es/formacionemprendimientomujeres/
http://www.ceo.es/wp-content/uploads/2020/11/Informacion-y-Programa-Formacion-Emprendimiento-Mujeres.pdf