Obradoiro de elaboración de propostas de I+D+i

O pasado 2, 3 e 4 de decembro no Edificio de Redeiras celebrouse o Obradoiro de elaboración de propostas de I+D+i, cuantificación do impacto e aspectos transversais do programa Horizonte Europa organizado pola OPI-Investigación no marco do proxecto BOOST4HE.

Este obradoiro, apoiado nunha metodoloxía baseada na resolución de casos prácticos, tivo por obxecto aumentar as posibilidades de éxito das propostas presentadas ao programa HE e foi impartido polo experto Javier Medina, da empresa Qieurope.

Evento enmarcado nas actividades do proxecto GPE2023-001211-P, financiado por MCIN/AEI/10.13039/501100011033