Proxecto AEROGANP (POCTEP): Impulsar la colaboración Galicia-Norte de Portugal en el ámbito aeroespacial

O catedrático do Departamento de Física Aplicada Humberto Michinel e director da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense é o investigador principal desta proposta, cuxo principal obxectivo é impulsar na eurorrexión Galicia-norte de Portugal a investigación nun sector tecnolóxico estratéxico como o aeroespacial. Para isto crearase unha rede de fomento das capacidades de xeración e transferencia de I+D+i e as sinerxías xeradas grazas á cooperación dos axentes públicos plasmaranse na creación dun demostrador que operará con dúas partes complementarias: unha dedicada a “big-data” e seguimento satelital en Guimarães e outra no CIAR de Rozas, onde diversos pilotos demostrativos de tecnoloxías avanzadas de drons, fabricados conxuntamente a ambos lados da fronteira, producirán datos que se analizarán no centro portugués. 

Máis información