Proxecto ECOTOURS-Cosme

Revitalizar zonas costeiras rurais que experimentan unha desaceleración económica e convertelas en destinos turísticos circulares, ecolóxicos e sostibles. Este é o obxectivo no que están a traballar os socios do proxecto europeo Ecotours, liderado desde Italia e no que a Universidade de Vigo é única representante española. Financiado con arredor de 1,3 millóns de euros polo programa Cosme,  Competitividade para Pequenas e Medianas Empresas, os socios do programa reuníronse este martes no edificio Redeiras da Universidade de Vigo, onde foron recibidos pola vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, e a coordinadora viguesa do proxecto, a profesora Pilar Muñoz, integrante do grupo de investigación de Organización do Coñecemento, pertencente ao centro de investigación Ecobas.

Leer a nova completa no DUVI